En Marea acusa á Xunta de “estafar” á cidadanía

O voceiro de En Marea, Luís Villares, e o deputado Manuel Lago acusaron á Xunta de Galicia de “estafar” á cidadanía galega un total de 2.442 millóns de euros desde o ano 2012 a 2016 que foron prometidos nos orzamentos do Estado e que non foron executados. Asímesmo, referíronse aos 500 millóns que a Xunta deixou de executar do seu orzamento o pasado ano. “Temos un goberno da santa compaña que deambula sen saber onde vai” asegurou Villares.

O deputado Manuel Lago referiuse aos datos relativos ao grao de execución dos orzamentos estatais que desde o ano 2012 foron reducíondose ata chegar ao 51 por cento o que significa que a metade do prometido non se chegou a investir. “Vimos a Feijóo gabándose do anuncio do Goberno central de 938 millóns de euros, unha cifra similar á que deixou de executar en 2016 que rozou os 700 millóns de euros” denunciou Manuel Lago que asegurou que “Galicia paga o pato desa política de austeridade imposta polo PP”.

Lago salientou o feito de que fronte o 51 por cento de execución do orzamento estatal en Galicia en 2016, a media do resto do Estado situouse no 81 por cento o que na súa opinión “demostra a indignidade do Goberno galego”. Deste xeito os retrasos do AVE, a falla de financiamento para autovías ou a inexistencia dun tren de mercadorías quedan explicados con esta falla de execución orzamentaria no noso país.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, pola súa banda referiuse ao grao de execución dos orzamentos galegos o pasado ano que asegurou que estamos ante un Goberno que non ten ideas nin proxecto de futuro para o noso país que deixou en 2017, cerca de 500 millóns de euros sen executar do seu orzamento. Así referiuse a partidas no que esta falla de execución é especialmente relevante tanto pola súa importancia como polo baixo nivel: Políticas de emprego, medio rural e dinamización económica.

Deste xeito partidas pese a ter 140.000 ocupados menos que cando Feijóo chegou á presidencia, ou a situación do rural galego tras a vaga de lumes e a preocupación da implosión sociodemográfica que requiriría un forte compromiso, os datos de execución deixan as claras a súa falla de preocupación do goberno galego polos problemas reais do noso país. Atopamos así partidas como a formación profesional de ocupados que acadou un ridículo porcentaxe dun 7 por cento ou a formación profesional de desempregados foi dun 49 por cento. A innovación, partidas que eran xa ridículas amosan ademais un grao de execución intolerable como por exemplo no caso do plan galego de innovación que deixou sen executar o 77 por cento do orzamento.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar