O Concello de Ourense impulsa propostas para atender a dependentes e maiores

O Concello de Ourense presentará este mes un programa gratuíto para mellorar a situación das persoas maiores, dependentes, dos seus familiares e dos que se encargan do seu coidado coa intención de que reciban coñecementos e habilitades que faciliten o seu día a día.

Así o confirmou a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, durante a súa intervención na moción do pleno do Concello na que se aprobou a elaboración dun informe censal de persoas maiores de 65 anos residentes no Concello, co fin de implementar e mellorar a súa cobertura social.

O proxecto consiste na posta en marcha de cinco actividades, catro cursos e unha excursión ao claustro de San Francisco, para maiores e coidadores beneficiarios do Servicio de Axuda a Domicilio (cuxa concesionaria municipal é a empresa Valoriza), unha prestación que o pasado 2017 atendeu a perto de 900 persoas (898 beneficiarios).

A concelleira Sofía Godoy defendeu que este proxecto xurde da necesidade de “dar unha resposta directa ás dudas e preocupacións” que poidan ter os familiares que se encargan do coidado dos maiores, e para darlles “un apoio emocional e psicolóxico” que os axude nas tareas que desenvolven de forma cotiá.

Pero tamén salientou que as actividades que se realizarán entre os meses de abril e novembro, “pretenden promover un envellecemento activo” dos propios beneficiarios e animalos a “crear unha rede para compartir problemáticas e solucións”.

As tres actividades dirixidas a coidadores e familiares son un curso de coidado aos “coidadores”, unha xornada de coaching para familiares con menores con necesidades especiais e un taller de aproximación ao Servizo de Axuda a Domicilio.

Cinco actividades

O curso Coidar ó coidador facilitará as ferramentas necesarias para atender aos maiores ou dependentes. Consistirá nun taller que se impartirá nas dependencias doCentro Cívico Colón e contará cunha parte teórica e coa proxección da película francesa “intocable” . Poderán inscribirse 25 persoas e están previstas tres quendas: nos meses de maior, agosto e novembro.

Tamén se realizará un coaching para familiares que teñen a menores con necesidades especiais ao seu cargo. Entre os seus obxectivos destaca o desenrolo de para xerar a máxima autonomía e confianza nas capacidades dos menores con diversidade. Están previstos tres talleres, nos meses de maio, agosto e novembro.

Ademais está previsto un taller de “Aproximación ao servizo de Axuda a Domicilio”. Están programadas tres xornadas de até 25 coidadores e familiares, nos meses de abril, xuño e setembro.

Por outra banda o proxecto conta con dúas actividades dirixidas aos usuarios do Servizo de Axuda a Domicilio.

A actividade de “Aproximación ao Servizo de Axuda a Domicilio”, na que tamén poderán participar ate 25 persoas e que sensibilizará aos usuarios sobre a importancia da mellora da calidade da súa vida a través de pequenos xestos diarios como a alimentación, o sono, o exercicio físico e a comunicación social. Están programadas dúas xornadas, nos meses de abril e de xuño.

Por último para fomentar as actividades de ocio e tempo libre, así como as relacións entre os beneficiarios do Servizo de Axuda a Domicilio está previsto realizar unha visita ao Claustro de San Francisco.

Ao final de todas as actividades realizarase un cuestionario aos participantes para coñecer o seu grado de satisfacción e co gallo de dar resposta as súas necesidades.

Os interesados en inscribirse poderán facelo a través da dirección de correo electrónico axudanofogar@ourense.es.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar