Colisión múltiple con duas persoas feridas en Sada

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión na que se viron implicados tres coches en Sada. Segundo puido saber o 112 Galicia, as vítimas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario.

O accidente ocorreu na N-VI, concretamente no punto quilométrico 582,100, ao fío das 16:20 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do sinistro a través dun particular e do persoal do 061-Urxencias Sanitarias.

A partir de aí, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso aos Bombeiros de Betanzos e de Arteixo, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.

 

COLISIÓN EN BARBADÁS

 

Ademais, os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a un centro médico ás condutoras de dous turismos que colidiron en Barbadás. O sinistro produciuse na estrada que une Ourense e Celanova, á altura do enlace coa A-52.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 17:00 horas, a través da alerta dun particular.

A partir de aí, dende o CIAE informouse do accidente ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Carballiño e a Protección Civil.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar