Xunta, Garda Civil e Bombeiros de Ourense coordenan os incendios forestais

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o director general de Tráfico, Gregorio Serrano, participaron na clausura da Xornada Técnica de Incendios Forestais, á que tamén asisitiu a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

Máis de 200 persoas participaron na xornada organizada pola Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico, Garda Civil e Consorcio Provincial de Extinción de Incendios e Salvamento. A Xornada ten como obxectivo crear un foro cos responsables de SPDCIF, Garda Civil de Tráfico e Seguridade Cidadá e Servizo de Emerxencias, no que expuxeron cuestións relativas a súa estrutura, funcionamento e mobilización dos medios que compoñen estes organismos. Así como destacar os aspectos positivos e aquelas melloras a levar a cabo na coordinación de Incendios Forestais de cara a implantalas na campaña de incendios forestais deste ano 2018.

Baseándose para elo nas experiencias obtidas durante a campaña de incendios forestais do 2017 na provincia de Ourense, nas que estiveron mobilizados todos os medios de extinción cos que conta a Consellería de Medio Rural, os Parques de Bombeiros, GES e SMPC e preto de 500 voluntarios das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de toda a provincia.

A experiencia adquirida nestas datas polos diferentes colectivos preténdese que permita mellorar a Coordinación entre os diferentes colectivos profesionais implicados na resolución desta emerxencia. Incidindo nos aspectos positivos levados a cabo durante o ano 2017 como foi a creación dos diferentes Posto de Mando Avanzado, como punto de encontro e centro de coordinación da emerxencia nos que a través dos mandos dos diferentes organismos, Garda Civil, Pol. Autónoma, Bombeiros, ou GES, que estiveron representados os diferentes organismos actuantes nos incendios forestais.

A xornada contou contará tamén co Xefe Provincial de Tráfico, David Llorente, co xefe do servizo provincial de emerxencias, José Olivier Reboredo Campos, os tenentes da Garda Civil Arcadio López e Javier Mira, entre outros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar