Afundación inaugura en Ourense unha exposición de música e artes plásticas

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta en Ourense a exposición «Sonoro empeño: A música nas coleccións ABANCA e Afundación» sobre a relación entre música e artes plásticas conformada por unha selección de obras da súa colección de arte. La mostra está abierta en la Sala de exposicións Afundación de Ourense (praza Maior, 4) cunha visita guiada e un concerto a cargo do grupo Blues do País, agrupación formada por Bieitta James e Pepe King que versiona temas clásicos do blues e do soul internacional engadíndolles referencias galegas. Así, Sitting on the dock of the bay pasa a ser Sentadiña no pantalán, I just want to make love to you convértese en Mirarche o cu e Killing me softly en Mátasme amodo.

A mostra poderase visitar ata o 3 de xuño, de luns a venres en horario de 17.30 a 20.30 h e os sábados, domingos e festivos de 12.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h.

A través de pezas asinadas por artistas como Menchu Lamas, Eva Carrera, Luís Caruncho, Buciños, Luís Seoane, Elena Gago, Laxeiro, Carlos Maño, Xaime Quesada ou Rafael Úbeda entre outros, esta exposición pretende ilustrar as semellanzas e puntos de encontro entre as artes temporais e as artes espaciais, clasificando as obras seleccionadas en catro seccións que abordan o tema desde diferentes perspectivas.

O primeiro tramo dos catro trata a música como motivo iconográfico, é dicir, mostra a representación visual de escenas ou instrumentos musicais. As pezas expostas aquí ilustran tres temas de encadre básico: o músico en solitario, o instrumento musical como obxecto dunha natureza morta e a súa representación illada como único protagonista da obra.

A sinestesia, ou a utopía de formular unha pintura auditiva ou unha música visual, aparecen na segunda sección e na terceira pódese observar a representación pictórica de festas e danzas, presente desde as máis temperás manifestacións artísticas. A aparente contradición que supón representar o movemento nun soporte plástico é precisamente o que explica a súa intencionalidade, ao permitir introducir nunha arte espacial os conceptos de dinamismo, ritmo e mesmo sonoridade propios dunha arte temporal.

Finalmente, a cuarta sección confórmana obras que abordan a música vinculándoa coa infancia, e por tanto, ligándoa con ideas de inocencia, espontaneidade e candidez e instrumentos de timbre doce.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar