Ana Pontón aproveita o Consello para destacar ao BNG como organización “a alza”

A dirixente do BNG, Ana Pontón, aproveitou o Consello para poñer en valor unha organización política “á alza”, renovada e unida, cun proxecto claro e capaz de darlle unha alternativa aos milleiros de galegpsque están na rúa manifestando o seu hastío contra as políticas “crueis e centralistas” do PP.

Pontón convida a toda esa cidadanía “a traballar xuntos” para iniciar dende os concellos o cambio que Galicia necesita e que o Bloque está disposto a liderar.

“As rúas son o mellor termómetro do malestar social coa política cruel e centralista que encarna o PP. Nas rúas da Galicia estamos as persoas que queremos sanidade pública, xustiza sen discriminacións, pensións dignas e igualdade real. E desde o BNG convidamos aos que están expresando ese malestar a que traballemos man a man e iniciemos nas eleccións municipais o cambio político que necesita Galicia e que un BNG unido e renovado está disposto a liderar”, proclamou Pontón.

 

Pontón presenta un BNG “unido, solvente e cun proxecto claro para mellorar a vida da veciñanza desde os concellos, xa que moi poucos poden dicir o mesmo”, subliñou, ao tempo que convidou a toda a militancia a activarse neste 2018 clave de cara ás eleccións locais. “Somos unha forza en alza e iso vai notarse nas municipais, pero require que demos o mellor, activar toda a nosa base social e actuar con apertura ante as persoas que compartan a necesidade de defender Galiza e construír alternativas desde os concellos”.

 

O Consello do BNG deu un paso máis na folla de ruta cara as municipais aprobando as bases para a elaboracións dos contidos, que despois se concretará no programa marco das eleccións  municipais. “Imos a por todas e estamos en forma, pero isto non significa que estea todo feito; ao contrario, tanto na elaboración da nosa proposta programática, como nas candidatas e candidatos que serán a cara das nosas ideas”, afirmou,

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar