O PP de Teo denuncia que o Concello contrata a un asinante do manifesto das Mareas de Ferrol

                                                     José Manuel Guerra. voceiro do PP no Concello de Teo

“Os procesos de participación veciñal das Mareas son un negocio e o amiguismo instálase no goberno teense con este proceso”, apunta o Partido Popular de Teo ao coñecer que o bipartito “contrata a dedo a unha persoa firmante do manifesto da Marea Ártabra de Ferrol”.

Os populares denuncian o feito de contratar a unha entidade privada para xestionar unha acción na que deberían estar implicados personalmente alcalde e concelleiros. Hai agora un ano aprobábase en pleno o Regulamento de Participación Cidadá no que se establece a creación de órganos de participación parroquial. A raíz disto o executivo comprometíase de facto a promover a participación nun proceso que debería promoverse exclusivamente polos cargos públicos do concello.

En lugar de asumir como propia esta acción que “vai co cargo” en palabras do voceiro dos populares teenses, José Manuel Guerra, o bipartito decidiu contratar “a dedo” a unha persoa asinante do manifesto da Marea Ártabra de Ferrol. Resulta “inconcibible que o executivo privatice a participación veciñal engadindo un gasto extra cando son unhas funcións que lle corresponden claramente ás seis nóminas do executivo local”.

Para os concelleiros populares teenses resulta “burlesco para a veciñanza que un goberno que dende o primeiro momento levaba por bandeira a municipalización de servizos actúe deste xeito”.

O PP de Teo considera que “ssta acción resulta doblemente vergonzante, xa que por unha banda, queda ao descuberto a incapacidade que ten o executivo para achegarse á veciñanza a escoitar cales son os seus problemas. Pola outra, descúbrese a auténtica face daqueles que prometeran unha transparencia total e que enchían os discursos de proclamas contra os amiguismos e chiringuitadas”.

Para José Manuel Guerra esta acción amosa o auténtico “negocio da democracia participativa das Mareas”, polo cal solicitan formalmente a proposta de gasto polo servizo, xa que se trata dun contrato menor adxudicado directamente.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar