Galicia 24 Horas

Pontevedra: <br>4 milóns de euros para melloras de vías

O Concello de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno Local extraordinaria a contratación de seis obras e o inicio de licitación doutras cinco por valor, todas elas, duns catro millóns de euros. Ademais, o Concello tamén aprobou nesa mesma Xunta a prórroga do Contrato da auga “polo tempo necesario, cun máximo de seis meses”.

As obras adxudicadas foron:

Con esta actualización complétase o cambio a leds das parroquias de Ponte Sampaio e a Canicouva que suporán maior aforro enerxético, diminución de averías, menos CO2 ou a redución da contaminación lumínica. A seguinte parroquia pola que se continuará a substitución de luces leds será en Bora.

Os cruzamentos da rúa serán elevados, a un único nivel, a modo dunha pseudo- praza, o que dará aire a zona. Ampliaranse as beirarrúas, que no caso de Herminia Fariña obrigarán a deixar un único carril de circulación (de saída) no 1º tramo que vai dende a avenida de Vigo á rúa Pintor Manuel Colmeiro. No 2º, ata a rúa Pintor Virxilio Blanco quedará de dobre circulación, de distribución de tráficos no barrio.

As obras que inician o proceso de contratación son:

O campo de Ponte Sampaio

A actuación en Ponte Sampaio é algo máis que a construción dun campo. É a recuperación de 15.000 metros cadrados, de todo o espazo que ocupa a instalación deportiva actual para incorporala á Xunqueira como espazo de lecer e de praia.

Para iso o Concello comprou uns terreos de 11.000 metros cadrados próximos ao actual campo por 120.000 euros, onde se construirán as novas instalacións deportivas. O incremento do custe deste campo en relación aos anteriores débese a que hai que facer escavación e logo recheo da parcela do campo. No investimento tamén vai incluída a demolición do campo actual.

Proxéctase unha instalación de herba artificial e novas edificacións para vestiarios, aseos, cantina, bancada, enfermería e almacéns, así como a nova iluminación do campo e a urbanización de parte da parcela, moi próxima ao campo existente.

O campo de fútbol terá unha dimensións de 90 x 58 metros, coas bandas 93 x 61, e o pavimento deportivo deberá superar os parámetros de durabilidade máis esixentes e ter unha resposta deportiva das máis altas prestacións como o cumprimento da norma UNE-EN 15330-1:2014 e homologación do sistema para instalar marca FIFA recomended como da obra executada con nivel FIFA QUALITY.

En canto ás edificacións, trátase en realidade de dúas que envolven o campo, unha situada no linde oeste da parcela e outra no linde sur. A edificación situada no lado oeste intégrase na topografía adaptándose ao terreo e aos muros preexistentes, contando con cubertas vexetais. A edificación situada ao sur xoga coas referencias topográficas da parcela adoptando formas orgánicas que a relacionan coas outras edificacións, o terreo e os fondos. As dúas zonas ligadas ás edificacións independízanse para acoutar as zonas de público e de xogadores, así se dispoñen dous accesos que se especializan, o sur para publico ligado aos usos desta zona (cunha superficie de 326 metros cadrados) e o oeste para xogadores ligados á zona de vestiarios (cunha superficie de 295,30 metros cadrados). Propóñense solucións sinxelas, ordenadas, funcionais e, sobre todo, versátiles permitindo transformacións sinxelas de uso.