Ourense prepárase para as Festas do Entroido

O Concello de Ourense vén de presentar a programación do Entroido 2018, unha das citas máis agardadas do ciclo festivo e para a que a Concellería de Cultura se involucrou con actividades para todas as idades, animación de rúa polo día e pola noite, ou o tradicional desfile e concurso de comparsas. Así, haberá charangas, orquestras -con aforo limitado- e Djs, pero tamén se potenciarán “as particularidades do Entroido en Ourense”, en palabras da responsable de Cultura, Belén Iglesias, con personaxes populares e de moita tradición na nosa cidade coma a Paquita e o Nicanor, a Pita ou o Frei Canedo.

Na presentación do programa, a concelleira estivo acompañada por Alexandre Hermida, técnico de Cultura, que debullou a programación día a día, con especial incidencia nas 17 charangas e orquestras, así coma na carpa que se instalará na praza do Correxedor, epicentro do Entroido na cidade. Porén, tamén haberá actividades para a cativada e para todos os públicos fóra do horario nocturno.

Un dos pratos fortes do programa será o desfile do domingo 11 de febreiro, para o que se anotaron un total de 60 comparsas (“unha máis que o ano pasado”, recalcaba Iglesias Cortés). A saída realizarase desde o barrio das Lagoas, e percorrerá as rúas do centro da cidade até chegar á praza Maior pola rúa Doutor Marañón. Pouco máis tarde chegará a fin do reinado de Jacobo Ovejero como Rei do Entroido, unha transición que fará “con tristeza pero con orgullo”, segundo afirmou na rolda de prensa.

Tamén tivo palabras de agradecemento Alexandre Prada, autor do cartel anunciador das festas, quen quixo desvelar en rolda de prensa os elementos que forman parte del: o termalismo e as augas do río Miño, o patrimonio monumental e a Sardiña como referente do Entroido.

Na programación, ademais, hai espazo para os entroidos singulares da cidade: o de Seixalbo, coa Paquita e o Nicanor; o das Eiroás, coa súa Pita; e o do barrio da Ponte, co Frei Canedo. Todos estes entroidos contan co apoio do Concello para o desenvolvemento das súas actividades.

 

PROGRAMA DO ENTROIDO

XOVES, 1 DE FEBREIRO

Xoves de compadres

Regueifas e loitas tradicionais

Hora: 11.30 h

Lugar: Praza Maior

Organiza: Concellaría de Educación

XOVES, 8 DE FEBREIRO

Xoves de comadres

Regueifas e loitas tradicionais

Hora: 11.30 h

Lugar: Praza Maior

Organiza: Concellaría de Educación

ANIMACIÓN DE RÚA

Trópico de Grelos

Hora: 23.00 h

Lugar: rúas da cidade

SESIÓN DJ NOITE DE COMADRES

Hora: 00.30 h

Lugar: Praza do Correxidor

VENRES, 9 DE FEBREIRO

Venres de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚA

Trópico de Grelos, Támega e Os Caliqueños

Hora: 20.30 h

Noroeste, Mekánika, Alambique e Dr. Anchoa

Hora: 00.00 h

Lugar: rúas da cidade

SESIÓN DJ

Hora: 00.30 h

Lugar: Praza do Correxidor

SÁBADO, 10 DE FEBREIRO

Sábado de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚA

Alambique, Os Caliqueños e Os Chispas

Hora:12.30 h

Mucha Marcha, Castro Bello e Os perqtores

Hora:20.30 h

Os Festicultores, Dr. Anchoa, Europa, Noroeste, Trópico de Grelos e Sorcha

Hora:00.00 h

Lugar: rúas da cidade

GRAN XOGO DO ENTROIDO

Desenvolveremos un gran xogo aberto a toda a cidade. Gozaremos coas actividades relacionados cos entroidos da provincia de Ourense e as distintas datas significativas.

Hora: 11.30 h

Organiza: AXX Amencer

Lugar: Xardín do Posío

FESTA INFANTIL

Animación musical, bailes, xogos, coreografías, globoflexia e desfile infantil de disfraces

Hora: de 17.30 h a 19.30 h

Lugar: Xardín do Posío

SESIÓN DJ

Hora: 00.30 h

Lugar: Praza do Correxidor

BAILE coa orquestra AMÉRICA

Hora: 00.30 h

Lugar: Praza Maior

Aforo Limitado

DOMINGO, 11 DE FEBREIRO

ANIMACIÓN DE RÚA

Mucha Marcha

Hora: 11.00 h

Lugar: rúas da cidade

DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS

Desfile de comparsas e carrozas coa actuación das charangas Dr. Anchoa, Os Chispas, Albor e Castro Bello

Hora: 17.00 h

Percorrido: Saída das Lagoas, rúa Curros Enríquez, Xoan XXIII, rúa Progreso, Doutor Marañón, Praza Maior

BAILE coa orquestra ESENCIA

Hora: 18.30 h

Lugar: Praza Maior

Aforo Limitado

CONCURSO REI/RAÍÑA DO ENTROIDO 2018

Toda a xente que queira participar que se achegue ao Concello, continuaremos coa ENTREGA DE PREMIOS ás persoas gañadoras do Concurso de Comparsas e Carrozas para rematar coa coroación do Rei ou Raíña deste ano polo rei do Entroido 2017

Hora: 19.30 h

Lugar: Praza Maior

LUNS , 12 DE FEBREIRO

Luns de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚA

Os Chispas e Albor

Hora: 12.30 h

Os Caliqueños, Castro bello e Sorcha

Hora: 20.30 h

Noroeste, Mucha Marcha, Dr. Anchoa, Aperta, Europa e Trópico de Grelos

Hora: 00.00 h

Lugar: rúas da cidade

MAÑÁS DE ENTROIDO

-Obradoiro Convertémonos en “Cigarróns de Verín”. Cada participante tentará realizar un sinxelo disfrace de Cigarrón de Verín. Logo, cos disfraces faremos unha xincana de xogos para coñecer as diferentes personaxes que podemos atopar nos Entroidos da provincia de Ourense.

Actividade dirixida a nenas e nenos entre 3 a 6 anos

Lugar: Asociación Xuvenil Amencer (Praza don Bosco, 1, baixo)

-Obradoiro Convertémonos en “Felos de Maceda”. Faremos a máscara dos Felos e a continuación xogaremos ao Gran xogo do Trivial do Entroido. Nun taboleiro xigante, con probas e preguntas, percorreremos os entroidos da nosa provincia.

Actividade dirixida a nenas e nenos entre 6 e 14 anos

Lugar: Parque da Ponte

Hora: de 10h a 13.30 h con posibilidade de gardería de 9h00 a 10h00 e de 13h30 a 14h00

Organiza: Asociación Xuvenil Amencer

FESTA INFANTIL

Animación musical, bailes, xogos, coreografías, globoflexia e desfile infantil de disfraces

Hora: de 17.30 h a 19.30 h

Lugar: Xardín do Posío

SESIÓN DJ

Hora: 00.30 h

Lugar: Praza do Correxidor

BAILE coa orquestra CAPITOL

Hora: 00.30 h

Lugar: Praza Maior

Aforo Limitado

MARTES, 13 DE FEBREIRO

Martes de Entroido

ANIMACIÓN DE RÚA

Mucha marcha e Albor

Hora: 12.30 h

Nova Terra de Trives, Os Chispas e Dr. Anchoa

Hora: 20.30 h

Lugar: rúas da cidade

MÉRCORES, 14 DE FEBREIRO

MAÑÁS DE ENTROIDO

-Na procura da sardiña. Xincana de xogos por grupos, ambientada nos días representativos do Entroido como son o xoves de comadres e compadres, domingo de piñata… entre outros.

-Celebración do enterro da sardiña. Pintaremos unhas sardiñas que finalmente enterraremos, Simbolizando a fin do Entroido.

Hora: de 10h a 13.30 h

Organiza: Asociación Xuvenil Amencer

Lugar: Asociación Xuvenil Amencer (Praza don Bosco, 1, baixo)

ENTERRO DA SARDIÑA

Concentración na Praza Maior, as carpideiras acompañarán a Sardiña ao longo do percorrido, o cortexo fúnebre irá amenizado pola charanga Nova Terra de Trives

Hora: 20.00 h

Percorrido: Saída da Praza Maior, Lamas Carvajal, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, Sto Domingo, Lepanto, Xoán de Austria, praza de Santa Eufemia, Lamas Carvajal e remate na Praza Maior coa queima da Sardiña.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar