Ferrol:O Concello abre o prazo do concurso de cerámica

O Concello de Ferrol ven de abrir o prazo para anotarse nunha nova edición do curso de cerámica do Sánchez Aguilera, un obradoiro que conta con gran aceptación e demanda indicado para maiores de 16 anos e impartido por persoal cualificado. Os veciños (empadroados) no Concello de Ferrol, terá preferencia na matrícula.

O prazo para anotarse desta volta està aberto desde xa ate o 14 de febreiro no Rexistro Municipal. Os interesados xa poden descargar a folla de inscricción no taboleiro de anuncios virtual da web municipal, e presentala por Rexistro -de luns a venres de 9 a 14:00 horas- ou cumplimentala directamente no mesmo.

O curso estruturarase en tres grupos de nivel -cun máximo de 20 alumnos por quenda- de luns a venres.

GRUPO 1. INICIACION, Luns e Mércores, de 16:30 a 19:00 horas.

GRUPO 2. PERFECCIONAMENTO. Martes e Xoves, de 16:30 a 19:00 horas.

GRUPO 3. AVANZADO (CERÁMICA CREATIVA). Venres de 16 a 19 horas.

“É un curso aberto a calquera con preferencia para os que estean empadroados na cidade. E unha proposta moi demandada que da sentido a unhas instalacións que temos e as que tratamos de sacar o máximo partido posible”, expuxo o concelleiro de Educación e Cultura, que animou a veciñanza a explorar a súa vena creativa desde o traballo artesán, feito coas mans.

A listaxe de admitidos se publicará, toda vez que remate o prazo, na páxina web do Concello de Ferrol. Para formalizar a matrícula, tal e como se indica nas bases, terán que formalizar a inscrición co ingreso de 20 euros (taxas).

LIGAZÓN AS BASES E FICHA DE INSCRICCIÓN

http://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnunciosAmpliar/304

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar