Fallo do xurado do Certame de Xornalismo “Begonte e o Nadal”

O Xurado cualificador dos traballos presentados ao XLII CERTAME XORNALÍSTICO “BEGONTE E O NADAL”, formado por JOSÉ ULLA ROCHA, Alcalde de Begonte; JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN, Presidente do Centro cultural covocante; BLANCA PACÍN SOMOZA, Bibliotecaria; XULIO XIZ RAMIL, xornalista e JOSÉ RODRÍGUEZ GÓMEZ, secretario do Centro cultural José Domínguez Guizán, acordou conceder os seguintes premios:

PREMIO DE XORNALISMO, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, para o traballo titulado “VOLVER A NACER. LA SOMBRA DEL FACEDOR”, publicado en Galicia Digital por Pablo Núñez González.

SEGUNDO PREMIO, dotado con 300€ e estatuíña de Sagadelos, ao traballo titulado “BEGONTE, O NOSO GRECCIO”, publicado en El Progreso, por Maria Pilar Campo Domínguez-Marica Campo.

Pola calidade dos traballos, acórdase conceder cadansúa Mención de Honra, dotada con estatuíña de Sargadelos, aos traballos:

“CONTO DE NADAL: A DERRADEIRA VIAXE”, publicado en Galicia Digital por Xosé Román Escourido Basanta.
“EL BELÉN DE GRECCIO. LA TRADICIÓN DEL NACIMIENTO”, publicado en Galicia Digital por Begontina, seudónimo de Beatriz Valcárcel Gómez. E
“A LECCIÓN DO BELÉN DE BEGONTE”, publicado en Galicia Digital por JOSÉ REINALDO POL-Pepe Pol.

Os premios serán entregados o próximo sábado, día 27, a partir das cinco da tarde, dentro dos actos de clausura de O NADAL EN BEGONTE, no salón de actos do Centro cultural José Domínguez Guizán.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar