Lugo: 18 edición de “Corre con Nós”


Comeza con forza unha nova edición do Corre con Nós, que cumpre 18 anos
A seguinte proba celebrarase o 18 de febreiro nun dos percorridos máis habituais dos e das practicantes lucenses deste deporte de base, polo que vén apostando o Concello nos últimos anos, o entorno do río Rato

Este sábado comezou con forza unha nova edición do Circuíto Larsa Corre con Nós, que cumpre 18 anos. Fíxoo coa proba máis emblemática, a Nocturna Monumental, na que se deron cita uns 2.000 corredores e corredoras do municipio, da provincia e do resto de Galicia, de todas as idades.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, foron os encargados de dar o pistoletazo de saída ás diferentes categorías da primeira carreira deste circuíto, que fixo do casco histórico o mellor dos itinerarios para facer deporte.

O calendario de probas desta décimo oitava edición do Corre con Nós, amplamente consolidado no calendario deportistas de atletas, estará formado por outras seis carreiras ata xuño. A seguinte celebrarase o 18 de febreiro, a partir das 12:00 horas, nun dos percorridos máis habituais dos e das practicantes lucenses deste deporte de base, polo que vén apostando o Concello de Lugo nos últimos anos, o entorno do río Rato.

A entidade local, xunto con un dos colaboradores deste evento, Coca Cola, impulsaron na xornada desta tarde un #eventoconbuenambiente, co obxecto de reciclar os envases baleiros nos colectores que se habilitaron para este fin ao redor da meta.

Máis información en www.correconnos.com

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar