A Biblioteca Virtual de Galiciadigital supera xa os 90 títulos

Maís información en galiciadigital.com

Coa incorporación desta semana, a Biblioteca Virtual de Galiciadigital ten xa 91 títulos de temática diversa, postos gratuitamente ao dispor dos internautas. É unha iniciativa da Plataforma en Internet GaliciaDigital (www.galiciadigital.com), que na súa páxina principal difunde os contidos desta Biblioteca Virtual, destinada a publicar obras de temática diversa, tanto publicadas como inéditas para ofrecelas a un público ao que poden interesar, que doutro xeito non tería acceso a elas.

No caso de obras inéditas, facilítase aos autores de xeito gratuíto a súa publicación,
moitas veces da súa “ópera prima”, para achegarse aos lectores e poder recibir
comentarios e xuízos sobre o seu traballo creador ou investigador.

En canto ás obras xa editadas, poden estar esgotadas, ou ser de difícil localización xa
por tirada limitada, xa por deficiente distribución , ofrecendo aos seus autores este
complemento ou alternativa para dar a coñecer as súas obras.

A intención é seguir facilitando gratuitamente esta publicación íntegra a todos os
autores que o desexen, podendo os interesados poñerse en contacto con
GaliciaDigital no enderezo correo@galiciadigital.com.

Entre as últimas incorporacións a esta Biblioteca están VIVIMOS UNHA LONGA
TRAXEDIA, de Manuel Rodríguez López, CRÓNICAS DEL ALBA, de Joaquín Antuña,
DE PURA CERNA, de Xosé María Gómez Vilabella, e ADEUSES A XOSÉ MANUEL
CARBALLO, co compendio de obituarios que a través das páxinas de Galicia Digital despediron a este crego, escritor e ilusionista lucense

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar