Manuel Baltar destaca a competividade do empresariado ourensán

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou  no acto de conmemoración do 52º aniversario do polígono industrial de san Cibrao das Viñas “a aposta dos empresarios pola internacionalización e a competitividade, e por crer en Ourense, algo do que o polígono de San Cibrao é un magnífico exemplo”.

O presidente do goberno provincial participou esta mañá nos actos conmemorativos desta efemérides, que tiveron lugar previamente na sede da asociación de empresarios, cunha conferencia a cargo do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, sobre os 35 anos desta institución, e posteriormente na “Arboreda do tempo”, un espazo creado para manter viva a chama da lembranza das empresas que ao longo deste máis de medio século de historia fixeron deste territorio empresarial un dos máis importante do noroeste da Península Ibérica.

 

Manuel Baltar destacou o apoio e a cooperación da Deputación de Ourense co polígono de san Cibrao, “pois a institución provincial sempre está ao carón de iniciativas que favorezan o emprego, a dinamización empresarial e o apoio ao tecido produtivo da nosa provincia, e sempre estará colaborando neste ámbito”, expresou.

Xunto a Manuel Baltar, participaron no acto -no que se plantou a árbore número 52 deste espazo-, o presidente do Parlamento de Galicia; o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de san Cibrao, Elías Mera; e o alcalde de san Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar