Ourense contará cun novo hotel de catro estrelas

Ourense contará cun novo hotel de 25 habitacións, con dúas delas tipo suite, e catro estrelas. Terá piscina termal, ximnasio, salas de reunións e xardíns.

Suporá unha inversión de máis de 2 millóns de euros e a creación de 12 postos de traballo, segundo confirma un dos promotores do proxecto, Carlos Martínez.

O proxecto, que se ubicará na rúa Reza, foille presentado esta mañá ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen agradeceu “o empuxe da iniciativa privada para poñer en marcha proxectos que melloren e complementen a oferta turística da cidade”. O arquitecto responsable do proxecto, Manuel Álvarez, explicou os detalles desta obra, que se ubicará no número 17 da rúa Reza (antigo edificio Villalón) e cuxo prazo de execución prolongarase durante alomenos 18 meses.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar