O alcalde de Ourense participa na FEMP en Madrid

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, en calidade de presidente da Comisión de Modernización, Participación Ciudana y Calidad, participou na II Asamblea de la Red de Entidades Locales por la Transparencia y la Participación Ciudadana que tivo lugar na sede da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) en Madrid.

Jesús Vázquez insistiu na importancia da transparencia e da participación cidadá no actual ambiente político e social “e tamén en recordar que o desenvolvemento destas actuacións é unha oportunidade para deter os procesos de desinterés e desafección polas políticas públicas”.

O alcalde anifestou a necesidade de “complementar a democracia representativa coa participación, co fin de enriquecer a calidade democrática das nosas cidades. Os representantes políticos temos compromiso claro con esta evolución, con esta modernización, xa que é unha demanda da propia cidadanía”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar