Hoxe abre o Belén de Begonte

 

Dentro das actividades que configuran o Nadal de Begonte, hoxe sábado, quedará aberto o tradición Belén.

Ás 18,00 h., na igrexa parroquial de Begonte, celebrarase unha misa polos socios e amigos do Belén falecidos. No momento  da homilia, o director de Galicia Calidade, o xornalista Alfonso Cabaleiro Durán, pronunciará o Pregón desta edición XLVI do Nadal begontino

Cantará a misa o Orfeón Lucense, coro da Catedral de Lugo dirixido polo seu titular Marcos Fernández Mosquera, que ao final da misa ofrecerá un breve recital de panxoliñas.

De seguido, abriranse ao público o Belén electrónico de Begonte e o Museo do Belén. O Belén presenta este ano, no seu afán de reflectir a vida nunha aldea chairega, unha nova figura: a dun labrego que colabora na extinción dun incendio forestal, como honenaxe a todos os galegos que na pasada vaga de lumes expuxeron as súas vidas para extinguir os lumes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar