TVG: David Civera celebra os seus 15 anos de carreira musical no “Luar”

Na súa primeira edición do mes de outubro, o programa “Luar” recibirá a visita de David Civera, que celebra, co seu duodécimo disco de estudio, os seus 15 anos de carreira musical, avalada por éxitos como “Dile que la quiero”, “Que la detengan” e “Bye Bye” ata un total de dez cancións do seu repertorio máis representativas, todas elas con nova produción e arranxos. O álbum inclúe ademais dous temas inéditos, incluído “No soy un canalla”, primeiro sinxelo deste traballo, que interpretará hoxe no escenario de “Luar”.

O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e María Mera tamén ofrecerá este venres a actuación de Uxía, considerada a gran dama da música galega e unha das maiores divulgadoras da súa poesía. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás con morna, fados e ritmos brasileiros.

Ademais, o programa da TVG contará coa presenza dun clásico da música española dos últimos 50 anos: o grupo Mocedades, que na actualidade está liderado pola única fundadora que continúa consecutivamente desde 1969, Izaskun Uranga.

O cartel musical desta semana complétase coas actuacións da orquestra Nevada, da formación leonesa Aires del Cabrera e das agrupacións tradicionais galegas Algarabía Folk, A Mámoa de Luou e a Asociación Cultural Sadeo.

Unha semana máis, non faltará á súa cita o concurso de talentos musicais “Recantos”, en que hoxe medirán as súas voces Yesenia, procedente de Noia, e José Barrán, representante da comarca Galicia Centro.

A REVISTA

A Revista” achégalle hoxe aos espectadores dous eventos gastronómicos da comunidade galega. O primeiro deles será a Festa do Marisco do Grove, declarada de Interese Turístico Nacional e onde os asistentes poderán degustar exquisitos mariscos a prezos populares.

A segunda parada será nas Xornadas de Carnes de Bois de Allariz, unha cita culinaria onde os presentes poderán gozar do concurso de tapas e degustar excelentes menús elaborados para a ocasión.

De volta no estudio de gravación, o presentador Sevi Martínez conversará coa experta en comunicación e protocolo en redes sociais Mar Castro, que falará da importancia do bo comportamento e a convivencia no mundo virtual. Ademais, Octavio Villazala, experto en animais, buscaralle casa a un pequeno gato branco e falará do galo combatente inglés.

tvG2

ZIGZAG

O programa “ZigZag” conversará hoxe coas actrices de A Panadaría, compañía nova de teatro e música artesán, formada por Areta, Noelia e Ailén, que desde o seu nacemento en 2013 ten recollido destacados premios de teatro, como o María Casares 2015 ou o da Crítica Galicia 2015. Tras estrear onte en Rianxo a obra “Elisa y Marcela”, o equipo da Panadaría falará con Pilar G. Rego sobre o seu novo espectáculo.

Continuando co teatro, o programa achegarase a “Nacidas Libres”, unha obra de Cándido Pazó, que comeza unha xira por Galicia, coas próximas funcións en Narón e no Festival Internacional de Teatro de Ourense. Catro mulleres, Rocío González, Susana Dans, Casilda Alfaro e Mónica Camaño, baixo a dirección de Cristina Domínguez, dan vida unha ducia de personaxes, nun espectáculo deseñado para pensar e gozar, emocionarse e divertirse.

A galega Helena Girón tamén será protagonista hoxe no tempo de “ZigZag”, con motivo da estrea da súa curtametraxe “Plus Ultra” na 14 edición do Festival Internacional de Cine Curtocircuíto, que se está a celebrar en Compostela. Trátase da súa terceira curta e é a antesala da súa primeira longametraxe, de título provisional “Ellos transportan la muerte”, que agarda rodar en 2019.

MINUTADO do 06/10/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “O Faladoiro” cos xornalistas Francisco Espiñeira, Carla Reyes e Fernando Salgado, e o analista político Xesús Veiga Buxán.

:

11:00

A COCIÑA DE ANDRÉ “Masa follada rechea de filetes de tenreira”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:25

O FARO

Serie. Rosa confesoulle a Luís que Iván é fillo seu. Pero non é o único que o descubriu, sen que ningún dos dous o saiba Iván estivo escoitando a conversa entre ambos os dous.
Mentres en O Faro reciben a mala noticia de que o que Fina sufriu non foi un simple desmaio senón un derrame cerebral e que, aínda que mellorará, ten por diante un longo proceso de adaptación. Amais, Ricardo non deixa de chamar querendo solucionar as cousas con Lucía sen ningún éxito.

:

12:20

A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

:

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos. Durante media hora achéganlle á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ZIG ZAG – ONDE IR HOXE

Axenda cultural galega

:

15:35

O TEMPO MEDIODÍA

Información meteorolóxica e prognóstico do tempo

15:50

COMO UN ALLO

Presentado por Bernardo Montaña, este programa está baseado na dinámica de preguntas e respostas. Conta co asesoramento de dous expertos colaboradores: a escritora María Canosa e o científico e divulgador Jorge Mira.

:

16:20

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

17:15

GALEGOS NO MUNDO “Dublín”

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

18:15

QUE CASAS!

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa. O periplo de “Que Casas!” recala esta semana en Lugo, Ferrol, Gondomar, Santiago e Pontevedra.

:

20:00

PEZAS ERA VISTO “A voda do meu mellor amigo” – “Parque eólico”

20:20

INFORMACIONS ESTADO DO MAR SERÁN

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:05

LUAR

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. O programa “Luar” recibirá a visita de David Civera e o grupo Mocedades. O cartel musical complétase coas actuacións de Uxía, considerada a gran dama da música galega e unha das maiores divulgadoras da súa poesía; da orquestra Nevada; da formación leonesa Aires del Cabrera e das agrupacións tradicionais galegas Algarabía Folk, A Mámoa de Luou e Asociación Cultural Sadeo.

:

01:35

CASAMOS! (Rep.)

02:30

TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

02:45

QUE CASAS! (Rep.)

:

04:35

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal

04:55

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

05:30

TI VERÁS (Rep.)

:

06:20

A REVISTA (Rep.)

07:35

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural. Presenta Pilar G. Rego.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar