A Policía autonómica investiga un caso de maltrato animal en Castro de Rei

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Lugo informan da investigación, por un presunto delito de maltrato animal, a un cidadán de Mondoñedo.

O pasado día 4 de setembro, os axentes recibiron unha chamada dunha persoa anónima, que informaba da existencia de dous cabalos, nunha finca do lugar de Azumara, no concello de Castro de Rei, os cales tiñan as patas atadas por unhas cordas que lles estaban causando feridas.

Os axentes desprazados ata o lugar descrito, localizan aos dous cabalos, sen as cordas, observando as importantes lesións producidas nas patas.

Polos feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Garda de Lugo

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar