O Concello de Vigo inviste 1,1 millóns en obras nos colexios


O alcalde visitou este o «emblemático» IES Santa Irene polo comezo do curso educativo en Secundaria, un centro que presenta un «problema de espazo» do que Caballero esixiu solución á Xunta de Galicia. O Concello inviste medio millón en obras en colexios públicos e outros 600.000 euros na cubrición de patios.

Abel Caballero manifestou a súa «satisfacción» este venres por visitar o IES Santa Irene -no que o alcalde estudou e examinouse desde os nove anos, segundo apuntou- por mor do comezo do curso escolar en Secundaria.

Neste «centro tan emblemático na cidade», o rexedor recordou que o edificio é municipal e foi cedido á Xunta de Galicia, administración á que instou a arranxar o «problema de espazo» que ten o Santa Irene en particular para os recreos.

Abel Caballero engadiu que o Concello de Vigo está a investir 1,1 millóns nos colexios da cidade, medio millón de euros en obra

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar