Unha delegación da Asemblea Lexislativa das Azores visita Galicia

Unha delegación da Asemblea Lexislativa dos Azores, que visita a Comunidade encabezada pola súa presidenta, Ana Luísa Pereira Luís, acompañada polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, coñeceu diferentes actividades e equipamentos relacionados co sector marítimo galego.

Ademais da súa pertenza á lusofonía, Galicia e Azores comparten semellanzas como unha forte relación co mar e as actividades asociadas.

 

A mediodía, a delegación visitou o porto deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo. Xa pola tarde, efectuaron unha visita á sede viguesa do Instituto Español de Oceanografía. De seguido, tiveron ocasión de coñecer o porto de Vigo e os Esteleiros Cardama, convidados pola empresa.

E no marco da visita, o Parlamento de Galicia acolleu a presentación dunha unha edición bilingüe do libro Viaxe á Illa do Corvo, publicado por vez primeira en Portugal en 1926 dentro da obra ·As Ilhas Desconhecidas: Notas e Paisagens», logo da viaxe efectuada polo seu autor, Raul Brandão, ao arquipélago das Azores en 1924.

A traducción ao galego é obra do escritor Xesús Rábade Paredes. O volume inclúe tamén un estudo introdutorio elaborado polo profesor Alonso Montero no que repasa os vínculos entre Raul Brandão e algúns escritores galegos do seu tempo. Tamén se inaugurou a exposición fotográfica «Açores Silêncio e Ser», organizada pola Cámara Lexislativa e que poderá ser visitada no Pazo do Hórreo durante as próximas semanas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar