TVG: «Vive os Milagres» con milleiros de romeiros que celebran a festa

Televisión de Galicia será testemuña este venres, 8 de setembro, dos variados festexos que se celebran en Galicia arredor do día dos Milagres. A través deste especial, que presenta e dirixe Noelia Otero, os espectadores coñecerán as actividades, liturxias e romarías que se desenvolven nalgunhas das localidades galegas que contan cunha maior tradición, como son Baños de Molgas, Caión, A Franqueira e Ourense cidade.

Vive os Milagres” comezará o seu percorrido en Caión, onde os romeiros acoden a esta cita movidos pola fe. As augas que brotan dunha fonte próxima son coñecidas como ‘milagreiras’. Os asistentes, ademais de bebelas, humedecen uns panos e colócanos na parte do corpo onde teñen a doenza. Moitos déixanse secar ao sol ao considerar que o tempo que tarda en secar o seu corpo é o tempo que tarda a enfermidade en desaparecer.


Na
Franqueira, os protagonistas desta romaría son, sobre todo, xentes do mar que lle piden protección á Virxe da Fonte. En Baños de Molgas cóntanse por milleiros os peregrinos que chegan a pé ata o santuario dende diversos puntos de Galicia e o norte de España.


Un dos momentos máis emotivos nestes lugares é a celebración o día anterior das distintas procesións nocturnas con bengalas e fachos. Pero, coma en toda boa romaría, as comidas populares, a música e a festa tamén estarán presente nestas citas.

FEIRANTES

O programa “Feirantes” da Televisión de Galicia dará a coñecer esta noite os tres concursantes da gran final. As pantallas dos televisores de galegas e galegos botarán fume. Todo se decide neste programa, onde, coma sempre, os coachs e mestres polbeiros acompañarán os concursantes, que nesta ocasión serán Begoña e Rafa, de Pontevedra, e Marisé, de Xermade.

Ademais, o espazo da noite dos venres seguirá de feira en feira. Desta volta na de Curtis, da man de Fernando, que comezará a visita no mercado comarcal e continuará no mercado gandeiro, onde amosará unha das máis destacadas feiras gandeiras e cabalar da provincia da Coruña. Rematará a visita cun xantar a base de polbo á feira e carne ao caldeiro, como non podería ser doutro xeito.

No apartado de humor, os convidados deste programa serán “Lacón con Gracia” e a ilusión correrá por conta do mago Román García. A música poñeraa o grupo galego Brath, que estará acompañado da Banda de Gaitas Devandoira para interpretar a canción “A Muiñeira da Ciguñeira” e un tema de música folk do grupo americano Kansas, un dos máis míticos de folk-rock dos EUA, pero por primeira vez en versión galega: “Po no vento”. Ademais, a orquestra que amenizará a festa será Costa Dorada, unha agrupación que leva desde 1991 facendo bailar as parroquias de Galicia.

Para rematar, o chef Xoán Crujeiras, do restaurante Bido da Coruña, preparará unha receita a base de espárragos brancos e gamba vermella con salsa de xema, soia e wasabi.

GRANDES ORQUESTRAS DE GALICIA

O programa “Grandes Orquestras de Galicia volve esta noite á TVG desde a localidade lucense de Monforte de Lemos na compaña de La Fórmula, que ofrecerá un espectáculo cheo de enerxía, ritmo, e unha gran sorpresa final que enganchará ao público.

Fundada hai pouco máis de dous anos, esta orquestra continúa subindo nas listas das máis seguidas grazas á súa combinación de éxitos de toda a vida, as cancións que se escoitan nas discotecas de medio mundo e un segmento de imitacións musicais que amais de divertir, impresiona pola facilidade do cantante Fonso Blanco, para cantar a Raphael, a Julio Iglesias ou a Joaquín Sabina. Será nesta última parte do primeiro pase cando o versátil cantante Rulo Paz se atreva coa canción por antonomasia da gran Tina Turner, “Proud Mary”, acompañado das fantásticas voces de Tania Domínguez e Yuru Gil.

O cadro de cantantes compóñeno tamén Ángel Sevilla e Frederlyn Mayora que durante toda a actuación e cunha dinámica que non deixa tempo para o aburrimento, ofrecen un concerto frenético xunto a unha banda de músicos de calidade.

Ademais, e como en cada entrega de “Grandes Orquestras de Galicia”, a nosa reporteira Patricia Santana coarase entre os bastidores de “La Fórmula” para amosar os rituais, segredos e últimas incorporacións ao vestiario da formación, amais de dar conta do ambiente festivo das festas da Virxe de Montserrat en Monforte.

A REVISTA

O programa A Revista” da Televisión de Galicia recibe hoxe a visita de Javier Martín, coreógrafo e performer, e Iván Arias, director do Wos Festival, un evento que se articula ao redor de cinco liñas: música, cinema, ‘clubbing’, performances e conferencias; todas elas baseadas na filosofía da “innovación” e que tratan de traer propostas pouco vistas en Galicia e España. Durante cinco días a cita encherá ata doce espazos da capital galega.

O presentador Sevi Martínez tamén conversará con Carmen Castro, directora do curso “A Igualdade de xénero na axenda para o desenvolvemento”, da Universidade da Coruña, no que se fará fincapié na cuestión da igualdade de xénero nas políticas e prácticas de cooperación ao desenvolvemento. No estudio de gravación tamén está o experto en animais, Octavio Villazala.

Ademais, os reporteiros de “A Revista” asistirá á Festa do Marisco de Vigo, que se celebra na cidade olívica desde o ano 2003 e onde os asistentes poden degustar unha gran variedade de produtos do mar elaborados de diferentes formas.

As cámaras do programa tamén darán conta da Romaría dos Remedios de Sarria, que como cada 8 de setembro, no Alto de César, acolle desde primeira hora da mañá milleiros de persoas que acoden ás eucaristías que se celebran durante toda a xornada.

MINUTADO do 08/09/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “O Faladoiro”, hoxe cos xornalistas Francisco Espiñeira, Carla Reyes e Fernando Salgado e co analista político Xesús Veiga Buxán.

:

10:50

REPORTAXES “VIVIR AQUÍ” “Casas madeira”

11:05

A COCIÑA DE ANDRÉ “Risoto con confit de parrulo”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:35

O FARO Cap. 251

Serie. A desaparición de Diego do hospital dispara as sospeitas de Lucía contra todo o mundo, incluído ao propio Ricardo. En recepción lles ensinan unha autorización firmada por el coa que lle autoriza a Erea a recoller ao neno. Esta mala nova, únese a outra que acaban de descubrir en O Faro. O trazado da autovía cambiouse. Perderán o negocio. Iván está decidido a denunciar a Rosa para que acepte que é a súa nai.

:

12:30

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

:

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Raquel Domínguez. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

FESTA DAS CHULAS DE BORBÉN ‘17

A Televisión de Galicia ofrece un especial sobre a celebración da XVII Festa da Chula en Pazos de Borbén, que cada ano lle rende homenaxe a un dos produtos típicos da zona.
Similar á filloa, foi a base do sustento desta 5eteoroló 5eteoro tempos.

:

16:00

O TEMPO

17:10

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

18:05

GALEGOS NO MUNDO “O Salvador”

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

19:00

ESCOBA! «Lume!!!»

Comedia de situación que ten como protagonistas únicas cinco mulleres: Rosa Álvarez, Elina Luaces, Teté Delgado, Mela Casal e Dorotea Bárcena.

:

19:30

PEZAS ERA VISTO «Lameiro, parque natural» – «Prohibido fumar»

19:45

ERA VISTO! «Kevin árbrito. A moto de lino. Maraton»

Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar.

:

20:25

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Tati Moyano e Alfonso Hermida. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:05

VIVE OS MILAGRES

A través deste especial, que presenta e dirixe Noelia Otero, os espectadores coñecerán as actividades, liturxias e romarías que se desenvolven nalgunhas das localidades galegas que contan cunha maior tradición, como é Baños de Molgas, Caión, A Franqueira e Ourense cidade.

22:55

FEIRANTES

«Feirantes» é un espazo de xolda e diversión, cun compoñente ben tradicional, xa que está baseado no mundo das feiras galegas. O programa “Feirantes” da Televisión de Galicia dará a coñecer esta noite os tres concursantes da gran final. As pantallas dos televisores de galegas e galegos votarán fume. Todo se decide neste programa, onde, coma sempre, os coachs e mestres polbeiros acompañarán os concursantes, que nesta ocasión serán Begoña e Rafa, de Pontevedra, e Marisé, de Xermade.

:

00:40

GRANDES ORQUESTRAS DE GALICIA «La Fórmula»

A TVG dará cobertura este verán á xira 2017 das grandes orquestras galegas cun amplo dispositivo que levará ás casas dos espectadores da TVG os novos e impresionantes espectáculos deste ano. O programa “Grandes Orquestras de Galicia” estará na localidade lucense de Monforte de Lemos na compaña de La Fórmula, que ofrecerá un espectáculo cheo de enerxía, ritmo, e unha gran sorpresa final que enganchará ao público.

:

02:00

TELEXORNAL NOITE

02:10

ALALÁ «Foliada en Bergantiños»

Alalá relaciona a música tradicional galega e outras formas de patrimonio oral co contorno social e laboral, para non esquecer este valor cultural.
Hoxe, o especial amosará a enorme riqueza da tradición musical bergantiñá. Asistirá á décima edición da Foliada de Cerqueda, que organiza a Asociación Cultural Raigañas e que conta coa participación de máis de 30 grupos.

:

03:55

SONS NA NOITE

04:15

NOITE DE JAZZ

05:10

TI VERÁS (Rep.)

:

06:55

A REVISTA (Rep.)

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar