A TVG descubrirá esta noite como pasaron as vacacións os membros de “Land Rober”

A Televisión de Galicia emite o hoxe especial “Gústame o Land Rober”, un anticipo á estrea da nova temporada de “Land Rober Tunai Show”, coa que os espectadores poderán gozar a partir da próxima semana.

Neste especial, o público descubrirá que fixeron e como pasaron as súas vacacións os membros do equipo, con Roberto Vilar e Eva Iglesias á cabeza. Ademais, o programa recordará os momentos máis divertidos e simpáticos da temporada pasada, na que superaron marcas de audiencia e contaron con convidados históricos coma o cantante de sona, Julio Iglesias, ou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

Para ir quentando motores con vistas á vindeira temporada de “Land Rober Tunai Show”, este xoves pola noite, gozaremos con “Gústame o Land Rober”.

CON AMOR E COMPAÑÍA

Un xoves máis, a Televisión de Galicia aposta polo entretemento do programa Con Amor e Compañía, capitaneado por David Amor. Esta noite o seu patrón recibe a visita de Lucía Pérez, que encherá o estudio de gravación de moita enerxía e, como non, de música.

Lucía Pérez é unha das cantantes galegas máis queridas polo público e espectadores galegos. De sobra é coñecida por todos a súa trepidante carreira artística, pero o que David Amor intentará esta noite é descubrir algúns aspectos máis da súa vida e do seu día a día. Para tal reto, Lucía non dubidará en participar e responder a todo o que lle propoñan, coma as preguntas tipo test que lle fará o presentador. Ademais, a cantante desvelará que curiosa afección ten cando está na súa casa do Incio e, da man do seu irmán, Javier Vizcaíno, os espectadores coñecerán tamén un “supersegredo” que á convidada desta semana lle dá moita vergoña contar por aí.

Pero ademais de coñecer un chisco máis de Lucía Pérez, o programa non quere desaproveitar a súa presenza e por iso tamén deleitará os espectadores coas súa calidade interpretativa. Serán dúas actuacións moi especiais: por un lado, cantará xunto a seu irmán e, por outro, atreverase cunha nova proposta para o público.

E como o programa de hoxe vai de música, O Cuñao presentará o grupo Os Deteriorados”, dous amigos que acaban de xubilarse pero que queren que a súa vida siga en activo. Por iso decidiron ter un grupo de música ademais de abrir outras propostas e actividades para que, como eles din, sexa un envellecemento activo.

Por último, o programa completarase co monólogo de David Amor sobre o Festival de Eurovisión, a reportaxe da bolseira Branca e as intervencións do veciño de estudio “O Deitado”, que cada vez se pon máis esixente.

A REVISTA

Os reporteiros de “A Revista” hoxe estarán en Parada de Sil, Ourense, onde os catro nacementos previstos para este ano supoñen un “baby boom”, xa que non se rexistraron tantos nenos xuntos desde hai tres lustros. En xuño veu ao mundo o primeiro, o segundo chegará nuns días e o terceiro e o cuarto en outubro e novembro. Parada de Sil rexistrou sete nacementos na última década, o peor dato de todos os municipios galegos e nese mesmo período, faleceron 150 persoas, polo que a chegada destes catro bebés supón una mellora demográfica moi importante nunha poboación que rolda os seiscentos habitantes. As cámaras do programa tamén asistirán á Romaría da Virxe da Franqueira, na Cañiza, na que, tras acabar a celebración da eucaristía, lévase a cabo unha procesión que vai acompañada por un grupo de oito danzantes, catro homes e catro mulleres, despois ten lugar a representación da loita entre os mouros e os cristiáns.

No estudio de gravación estará Elba Pedrosa, consultora e formadora en creatividade e comunicación, para dar algúns consellos sobre como levar a volta á rutina dunha maneira máis creativa e poder comezar con máis forza. Ademais, o presentador Sevi Martínez conversará cos colaboradores Carlos Verdugo e Moncho Lemos.

MINUTADO do 07/09/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “O Faladoiro”, hoxe cos xornalistas Roi Rodríguez, Juan Capeáns e Domingos Sampedro e co escritor Francisco Castro.

10:50

REPORTAXES “VIVIR AQUÍ” “Faro de Estaca de Bares”

11:05

A COCIÑA DE ANDRÉ “Guiso de garavanzos con costela de porco e cabaza”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:30

O FARO Cap. 250

Serie. Diego está a piques de saír do hospital e Lucía e Ricardo están moi contentos, xa que por fin poden volver á súa vida e ser felices. Nos Samáns, a construción do complexo vése seriamente afectada por un imprevisto e Víctor podería perder todo o seu patrimonio. Lidia distánciase de Gonzalo, xa non pode confiar nel, sobre todo, despois de descubrir que tiña un segundo móbil. Patri segue moi preocupada por Hugo, mentres Víctor quere que sigan co seu plan de pasar a fin de semana xuntos. Rosa revela un segredo moi importante: a identidade do pai de Iván.

12:25

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Raquel Domínguez. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

SOPA DE FESTA (Rep.)

16:05

O TEMPO

16:20

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:15

GALEGOS NO MUNDO “Panamá”

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

19:10

ESCOBA ! Cap. 50: “O que se pica”

Comedia de situación que ten como protagonistas únicas cinco mulleres: Rosa Álvarez, Elina Luaces, Teté Delgado, Mela Casal e Dorotea Bárcena.
Luís mete a pata ao dicirlle a Amparo que Antonia vai dicindo por aí que non ten un can. Cando Marina chega ao local xa están as dúas alporizadas e acaba discutindo con ambas.
Menos mal que está Carlota para axudalas aplicando os seus coñecementos de psicoloxía. Todas lle queren contar os seus problemas, así que está a pensar en abrir o salón de peiteados como un “psicosalón de peiteados”. O único problema é que as rapazas son demasiado teimudas para facerlle caso.

19:35

PEZAS ERA VISTO “Kevin antisistema”

19:45

ERA VISTO! Cap. 59

Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar.

20:25

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Tati Moyano e Alfonso Hermida. Miguel Gallego encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:00

GÚSTAME LAND ROBER

A Televisión de Galicia emite hoxe un anticipo á estrea da nova temporada de “Land Róber Tunai Show”, coa que os espectadores poderán gozar a partir da próxima semana.
Neste especial, o público descubrirá que fixeron e cómo pasaron as súas vacacións os membros do equipo, con Roberto Vilar e Eva Iglesias á cabeza. Ademais, o programa recordará os momentos máis divertidos e simpáticos da temporada pasada.

00:05

CON AMOR E COMPAÑÍA

Late night presentado por David Amor. O programa recibe hoxe a visita de Lucía Pérez, que encherá o estudio de gravación de moita enerxía e, como non, de música. David Amor intentará descubrir algúns aspectos máis da súa vida e do seu día a día.

01:05

TELEXORNAL NOITE

01:15

ESPECIAL TAC “Todos os días son unha segunda oportunidade. Chega TAC”

A Televisión de Galicia adiántase hoxe á emisión da nova serie “TAC”, continuación da ficción “Urxencia Cero”. O especial “Todos os días son unha segunda oportunidade. Chega TAC!” achegaralles aos espectadores as complicadas e intensas vidas persoais dos membros do equipo médico do hospital Francisco Balmis.

02:30

CON AMOR E COMPAÑÍA (Rep.)

03:25

MAR DE FONDO

03:30

NOITE DE JAZZ

03:50

SONS NA NOITE

04:05

NOITE DE JAZZ

04:45

TI VERÁS (Rep.)

06:30

REPORTAXES “VIVIR AQUÍ” “Café libros” – “Variedades de café”

06:50

A REVISTA (Rep.)

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar