A TVG ofrece esta noite un especial en homenaxe a Juan Pardo

A TVG ofrece esta noite un espectáculo musical centrado na figura dun dos grandes da nosa música, Juan Pardo, que se poderá ver nalgunhas das súas máis coñecidas actuacións, como con Rocío Jurado, e gozar das novas versións dun artista que xa é un clásico da historia da música.

Grazas a un dos artistas de máis sona do panorama nacional, que fixo que o tema “Bravo pola música” pasase á historia, no programa especial de hoxe, presentado por Iria Sobrado e Ricardo Pardo, poderase ver o presente e o futuro da música galega, a través das composicións de Juan Pardo e tamén grazas á presenza das súas dúas fillas, Lys e Teba.

Intérprete e compositor dos mellores artistas, a música de Juan Pardo volve con forza á canle pública galega para gozar dun dos clásicos do panorama actual, do que se van poder escoitar versións moi variadas, como as de Pili Pampín, Lucía Pérez, Toni Lomba, Maret, Alba Mesa, Banda de Balbina, Hugo e Yadhira, Coral Polifónica Estradense, The Xoubas (grupo de rapaces creado no programa “Un mundo de nenos”) e unha conxunción de orquestras.

A REVISTA

Carlos Arévalo, músico do grupo compostelán The Funkles, acode hoxe ao magazine A Revista para contar como viviu a experiencia de participar esta fin de semana pasada no Festival Beatles Week 2017 de Liverpool. Neste certame, a banda presentou as súas versións en galego do mítico grupo británico e que incluíu no seu primeiro disco Black Album, temas pasados polo tamiz do funk e do soul.

Xa no estudio, Sevi Martínez conversará con Carmen Rodríguez, anticuaria e restauradora que colabora en “Tesouros no Faiado”. O novo espazo, que emite a TVG cada sábado na faixa da sobremesa, busca en faiados, rochos e palleiras tesouros esquecidos para poñelos en valor e mesmo transformalos para que de novo cobren a importancia que merecen.

No apartado da saúde, o doctor Ignacio Balboa falará sobre a importancia de durmir ben, de gañarlle a batalla ao insomnio e gozar así dun sono reparador.

MINUTADO do 28/08/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

REPORTAXES ACTUALIZADOS : “Tecnoloxía 2º man”

Serie de axustes extraidos do programa ACTUALIZAD@S.

08:05

TOP 10: “O miradoiro preferido polos galegos”

Un programa que reúne o mellor das cousas que temos, que facemos entre todos porque resulta dunha clasificación feita polos galegos, a través dos seus votos e opinións, sobre os seus gustos e afeccións.

09:00

BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe, no Faladoiro, interveñen os xornalistas Roi Rodríguez, María Val e Carla Reyes.

:

10:35

A COCIÑA DE ANDRÉ : “Brownie de galleta”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05

O FARO Cap. 242

Serie. Gonzalo dálle unha mala nova a Lidia: está pensando en marchar traballar ao estranxeiro. Lidia séntese moi mal e témese o peor, que a súa relación con Gonzalo remate. Iván e Luis están pendentes dos resultados das probas de ADN. Mentres, Iván quere convidar os Muñoz a unha cea para agradecerlles o ben que o trataron durante ese tempo. Luis sabe que Iván non ten cartos para pagar unha cea, pero Iván xa ten pensada unha solución a ese asunto. Ricardo e Lucía están máis unidos ca nunca ante as adversidades e coinciden en que queren pasar máis tempo xuntos no futuro. Erea vai ao Faro para conseguir información sobre o paradoiro de Ricardo. Alí, encontra a Damián que está moi recepcivo con ela, xa que a Damián lle gusta a rapaza.

:

12:00

GAÑA A TÚA SORTE

Concurso para toda a familia en que a diversión e o entretemento están asegurados. Presentado por Javier Varela, mestura o xogo de preguntas e o azar.

:

12:35

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:40

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

:

13:45

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Raquel Domínguez. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

VAIA TROULA (Rep.)

16:10

O TEMPO

16:25

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

18:15

GALEGOS NO MUNDO: “Malta”

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

19:15

PEZAS ERA VISTO: “Cambio de traballo” – “Kevin deprimido”

19:30

ERA VISTO! : “Falso culpable- Pompas Puskas”

Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar.

:

19:55

ESCOBA ! : “Ai! a crise”

Comedia de situación que ten como protagonistas únicas cinco mulleres: Rosa Álvarez, Elina Luaces, Teté Delgado, Mela Casal e Dorotea Bárcena.

:

20:25

INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30

GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos Amado. Alfonso Hermida encárgase da información deportiva.

21:50

O TEMPO

22:05

MUSICAL: “Bravo por la música- Juan Pardo”

Hoxe, a TVG ofrece un especial, presentado por Iria Sobrado e Ricardo Pardo, en homenaxe a Juan Pardo. Poderase gozar dalgunhas das súas actuacións máis sonadas e das composicións que xa forman parte da historia da música.

:

00:20

TESOUROS NO FAIADO

Programa que busca tesouros esquecidos nos rochos e palleiras. Amosa o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen. Hoxe, unha casa de bonecas do século XIX moi deteriorada e un suposto cadro de Castelao serán protagonistas desta entrega.

:

01:20

TELEXORNAL NOITE

01:35

+ PACHANGA: “La Fórmula- Charleston”

Programa dedicado ao mundo da verbena. Da man dos reporteiros Javi Rocha, e Patri Santana, os espectadores coñecerán ás mellores orquestras e grupos de Galicia. Hoxe, a TVG bailará ao ritmo das orquestras “La Fórmula” e “Charleston Big Band”.

:

02:05

VAIA TROULA

Nieves Rodríguez dará a benvida desde algunhas festas, mentres que as reporteiras Ariadna Leis, Belén Vara a María Blanco achegaranse a outras tantas celebracións de Galicia. Hoxe son protagonistas as festas de Sanxenxo, o San Bartolomé de Noia e o Folión de Carros de Chantada. O programa tamén vivirá o Entroido de Verán de Cariño, as Festas de San Roque do Monte de Zas, a Exaltación da Anguía de Valga e o San Ramón de Castelo de Culleredo.

:

03:15

VIVIR O MAR DE VERÁN

03:45

REPORTAXES “VIVIR AQUÍ” : “Viño Ribeira Sacra”

03:55

POLO CAMIÑO DA FE

04:10

MAR DE FONDO LUNS

Información do estado do mar

04:15

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

04:35

SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal

04:55

NOITE DE JAZZ

05:15

TI VERÁS (Rep.)

:

07:00

A REVISTA (Rep.)

07:55

INFORMACION ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar