A TVG “Vive a Peregrina” esta noite en directo desde Pontevedra

Santiago.- Televisión de Galicia inicia esta noite a súa faixa de programación nocturna desde Pontevedra, desde onde un equipo capitaneado pola xornalista Noelia Otero amosará en directo o ambiente e as actividades máis destacadas que se están desenvolvendo con motivo da Festa da Peregrina, os festexos de maior afluencia da cidade.

Baixo o lema de “Vive a Peregrina”, a canle pública compartirá coa súa audiencia
os momentos máis característicos desta celebración, que nestes días vive a súa semana grande. A carroza procesional para a ofrenda floral á Virxe, os pasacalles, as charangas, os concertos ao aire libre ou a Batalla das
Flores. Nesta celebración tamén teñen un oco destacado os coñecidos
Cantos
de Taberna
, que pola noite anegan os bares do centro histórico de
Pontevedra, da man de
Maravallada ou Os Regatos.

Aproveitando a festividade, este programa especial amosará a historia da Peregrina, patroa do camiño portugués e cuxa capela se converteu nun
emblema da cidade. Ademais, amosará as prazas e os lugares máis fermosos
da zona antiga da cidade e presentará a mellor gastronomía do lugar.

BAMBOLEO

Bamboleo”, o espazo máis musical da Televisión de Galicia, dedícalle o programa aos avós. O presentador Xose Manuel Piñeiro conducirá as diferentes seccións, que nesta ocasión contará con invitados moi especiais, que farán gozar os espectadores: historias de amor, bailes e música dedicada ou feita por e para avós.

Ademais, o espazo da noite dos sábados recibirá a visita da banda grancanaria Efecto Pasillo, que publicou o seu terceiro traballo discográfico, “Tiembla la Tierra”. O programa tamén contará coa presenza de Andy & Lucas, que, despois de celebrar hai apenas tres anos o seu décimo aniversario con “Máis de 10”, continúan xerando éxitos co seu álbume “Imparable”. Ademais, tamén se subirá ao escenario o cantante David Barrull, gañador dun talent show musical, que xa conta con dous traballos no mercado, “Sueños Cumplidos” e “El pirata de tus sueños”.

TESOUROS NO FAIADO

Hoxe, en “Tesouros no faiado”, nas mans da taxadora Ana Castro cae un debuxo de Castelao, ou polo menos iso parece. Deberá indagar se este documento é verdadeiro ou falso e os espectadores poderán ver como o vai descubrir. Mentres, Carmen e Manolo visitarán dúas vivendas na provincia de Ourense onde atoparán verdadeiras xoias; e, pola súa banda, Luís subirá a un novo faiado, onde descubrirá grandes obxectos.

AQUÍ GALICIA

Continuando co seu percorrido polos distintos concellos galegos, “Aquí Galicia” viaxa hoxe ata a Pobra do Caramiñal e, para coñecer máis sobre o concello e a súa comarca, os reporteiros amosaranlles aos espectadores algúns dos mellores areais e paraxes da zona e os tesouros artísticos da contorna. Ademais acompañarán os mariñeiros da vila para coñecer as súas vivencias e practicarán algúns deportes náuticos.

Por outra banda, no apartado gastronómico, o equipo do programa elaborará pratos da cociña típica doutros países con produtos autóctonos da zona, aínda que tamén realizará outras receitas máis tradicionais, como pescada en caldeirada e frita con tempura.

A música será, de novo, un dos ingredientes principais da edición. O programa contará coas actuacións, en directo, da orquestra Los Trovadores, da Banda de Música Cultural de Arcade e da cantante Tania Veiras. Amais, subirán ao escenario a escola de baile, gaita e pandeireta Caramiñas, o grupo de baile Arrancadeira e a academia de baile El Tomasón.

Sábado, 19.08.2017

BUTACA ESPECIAL

(V.O.S.G.)

KING KONG”

(“King Kong”)

Director: Merian C. Cooper / Ernst B. Schoedsack

Elenco: Fay Wray, Robert Armstrong, Bruce Cabot, Noble Johnson, James Flavin, Sam Hardy, Frank Reicher

EUA, 1933, 95’, Terror-Aventuras (T)

**SINOPSE**

Un equipo de cine vai rodar unha película á misteriosa illa de Teschio, ao este de Sumatra. Alí os recén chegados descobren a existencia dunha civilización prehistórica e dunha tribo ancestral que secuestra a atractiva Ann, a actriz protagonista, para ofrecela nun sacrificio ritual a King, un xigantesco gorila. O animal namórase da rapaza, defendéndoa do ataque de criaturas antediluvianas antes de ser reducido pola expedición. Inmediatamente decidirase transportar o abraiante simio a Nova York, para ser exhibido publicamente. O contacto de King Kong cun mundo que non é o seu e o amor que sente por Ann precipitarán traxicamente os acontecementos.

**COMENTARIO**

Clásico co cine fantástico que recrea o mito da bela e da besta. “King Kong” ofrece unha das maiores cotas de virtuosismo alcanzadas no cine de todos os tempos, resultando unha película espectacular, fascinante e inesquecible.

MINUTADO do 19/08/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

PILLADOS

09:30

BOS DÍAS

Presenta Pilar Landín

:

10:05

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

12:00

DESCÚBREME “Mondariz”

Espazo presentado por Ricardo Barreiro.

:

12:30

REVISTA FIN DE SEMANA

Presenta María Solar.

13:50

GALICIA 4.0

Como a innovación e a tecnoloxía desenvolvidas en Galicia poden beneficiar os galegos no día a día? Cal é o proceso de fabricación dos produtos que nos facilitan as tarefas cotiás? Estas son só algunhas das cuestións ás que pretende responder o programa. “Galicia 4.0”, o programa da canle pública que explora como a innovación e a tecnoloxía desenvolvidas no país teñen un impacto na vida cotiá dos cidadáns, visita esta semana una empresa en que o coñecemento se pon ao servicio da mellora da calidade do xamón e outra en que se enfoca á optimización dos emisores de TDT.

:

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.

15:20

O TEMPO

15:30

TESOUROS NO FAIADO Cap. 2

Programa que busca tesouros esquecidos nos rochos e palleiras. Amosa o descubrimento, o valor e a transformación de obxectos que deixan de ser un refugallo para cobrar a importancia que merecen. Hoxe, a taxadora do programa terá que investigar a autoría dun suposto debuxo de Castelao.

:

16:25

AQUI GALICIA “Pobra do Caramiñal”

Magazine, de máis de dúas horas en directo, presentado por Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña. Hoxe, marabíllase coas paraxes, gastronomía e música máis destacadas da Pobra do Caramiñal. Contarase coas actuacións, en directo, da orquestra Los Trovadores, da Banda de Música de Arcade e de Tania Veiras, entre outras.

:

19:15

SOPA DE FESTA “Feira do viño de Monterrei – Verín”

Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade. Hoxe, comparte cos espectadores da Galega a Feira do Viño de Monterrei.

:

19:55

FESTA MEXICANA DE AVIÓN ’17

Hoxe, amosarase a 13 edición da Festa Mexicana de Avión, concello moi vinculado co país azteca, posto que moitos dos seus veciños emigraron alí.

:

20:25

TODO QUEDA NA CASA

Volve “Todo Queda Na Casa” á Televisión de Galicia cunha nova presentadora, a polivalente Eva Iglesias.O concurso da TVG percorrerá a comunidade na busca de participantes que lle amosen as súas casas ao equipo do programa para gañar ata 1.000 euros. Veciños do Rosal e Carballo poderán gañar hoxe ata 1.000 euros se convidan a pasar e lle amosan a súa vivenda ao equipo de “Todo Queda na Casa”, o concurso da TVG presentado por Eva Iglesias.

:

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Irene Lourido. Óscar Benito encárgase da información deportiva.

21:55

O TEMPO

22:05

VIVE A PEREGRINA ’17

A TVG vive as Festas da Peregrina, en directo, desde Pontevedra. O ambiente, os Cantos de Taberna, a zona antiga e a mellor gastronomía serán algunhas das propostas deste especial.

:

23:10

BAMBOLEO “Que riquiños son os avós”

A TVG ofrece esta noite unha velada que promete ledicia, movemento e moito amor, grazas a unha nova edición especial do programa “Bamboleo”, titulada nesta ocasión “Love Party”, que aquelas cancións de amor que marcaron unha época. Bamboleo”, o espazo máis musical da Televisión de Galicia, dedícalle o programa aos avós.avós. O presentador Xose Manuel Piñeiro conducirá as diferentes seccións, que nesta ocasión contará con invitados moi especiais, que farán gozar aos espectadores: historias de amor, bailes e música dedicada ou feita por e para

:

01:15

SOPA DE FESTA “”Feira do viño de MonterreI ” Verín” (Rep.)

:

01:50

BUTACA ESPECIAL “King Kong”

(“King Kong”), de Merian C. Cooper / Ernst B. Schoedsack, con Fay Wray, Robert Armstrong, Bruce Cabot, Noble Johnson, James Flavin, Sam Hardy, Frank Reicher
EUA, 1933, 95’, Terror-Aventuras (T)
Un equipo de cine vai rodar unha película á misteriosa illa de Teschio, ao este de Sumatra. Alí os recén chegados descobren a existencia dunha civilización prehistórica e dunha tribo ancestral que secuestra a atractiva Ann, a actriz protagonista, para ofrecela nun sacrifizo ritual a King, un xigantesco gorila. O animal namórase da rapaza, defendéndoa do ataque de criaturas antediluvianas antes de ser reducido pola expedición. Inmediatamente decidirase transportar o abraiante simio a Nova York, para ser exhibido publicamente. O contacto de King Kong cun mundo que non é o seu e o amor que sente por Ann precipitarán traxicamente os acontecementos.

:

03:25

TODO QUEDA NA CASA (Rep.)

:

03:55

REPORTAXES “VIVIR AQUÍ” “Illas Sisargas”

04:05

NOITE DE JAZZ

04:35

SONS NA NOITE

04:55

NOITE DE JAZZ

05:55

TESOUROS NO FAIADO Cap. 2 (Rep.)

:

06:50

REVISTA FIN DE SEMANA (Rep.)

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar