Manuel Baltar: “O pemento de Oimbra é clave na gastronomía provincial”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou na celebración da XX edición da Feira do Pemento de Oímbra, festa declarada de Interese Turístico de Galicia que, por primeira vez, envasa e comercializa o pemento baixo o amparo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP).

Manuel Baltar asegurou que o pemento de Oímbra é “un produto clave da nosa gastronomía provincial” e o éxito desta celebración gastronómica débese “ao traballo levado a cabo desde o concello, a calidade do produto e o traballo dos agricultores e de todas as persoas implicadas neste evento, que fan desta festa, unha das celebracións gastronómicas máis importantes de Galicia”.

O programa de actividades comezou ás 12.00 horas co concurso de pratos de cociña onde o pemento foi o ingrediente principal. Posteriormente, publicarase un receitario que incluirá tódalas recetas participantes no certame. A xornada estivo amenizada coa a actuación da charanga Nova Terras de Trives. A partir das 14.00 horas celebrouse a comida popular e a música correu a cargo da Discomobil “DJNESS”. Pola tarde, ás 19.00 horas, será a quenda para a Orquestra Ritmo Joven e, ás 20.00 horas, para a actuación de Pili Pampin.

Paralelamente, haberá actividades para os máis cativos, degustación gratuíta de pementos ao longo de toda a xornada e estarán presentes stands gastronómicos, de artesanía e de actividades relacionadas co mundo agrario.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar