Rosa Quintana destaca a calidade do percebe de Aguiño

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destaca a calidade do percebe de Aguiño na edición número 20 da festa deste crustáceo. A celebración, organizada pola confraría de pescadores de Carreira e Aguiño, ten como propósito dar a coñecer este produto de primeira calidade e valorizar a actividade dos percebeiros coa entrega do premio “Percebeiro de Honra”.

No encontro, a conselleira fixo fincapé nas descargas de percebe no peirao aguiñense. Así, sinalou que o ano pasado aumentaron as descargas deste marisco na zona case un 40% respecto ao ano 2015, o que supuxo un 15% total do volume de facturación de toda Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar