“Os da lexía” reciben unha homenaxe en Guitiríz

 

Alfonso Blanco Torrado, presidente de Xermolos e impulsor da Irmandade Manuel  María da Terra Chá, levaba tempo traballando para homenaxear  a “Os da Lexía”, os tres irmáns coruñeses masacrados no ano 1936, que foran detidos en terras de Guitiriz.

Arredado momentáneamente da actividade diaria por problemas de saúde, os membros de Xermolos e varios amigos de Alfonso Blanco están a continuar con esta iniciativa, ampliando o obxecto de manera que sexa a homenaxe prevista na liña da recuperación da  memoria histórica, pero tamén un homenaxe a Alfonso, dinamizador cultural de toda a Terra Chá.

Por iso, hoxe, en Santa Mariña de Guitiriz, ás 12.00 vaise inaugurar un monolito en homenaxe a estes defensores da dignidade e da liberdade – “Os da lexía” e Alfonso Blanco Torrado- en recordo de uns e agradecemento a Alfonso, na parroquia que el rexenta, coincidindo coas festas patronais da localidade.

O monolito é una obra do escultor Valdi – Xosé Val Díaz- que conta coa colaboración económica de diversas asociacións culturais e entidades e administracións locais de Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar