A Xunta publica os resultados definitivos das probas de competencias clave

 

Acceso á resultados, AQUÍ

A Xunta publica no enderezo http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-competencias-clave os resultados definitivos das probas de avaliación en competencia clave que organizou a Consellería de Economía, Emprego e Industria o pasado mes de maio no Recinto Feiral de Silleda.

Estas probas de avaliación permiten aos beneficiarios que non teñan un nivel determinado de formación acreditada acceder a aqueles cursos de formación vinculados a certificados de profesionalidade. Estes exames, polo tanto, diríxense ás persoas que non posúen os requisitos de formación básica (ESO para o nivel 2 ou Bacharelato para o 3) requiridos para acceder aos cursos dos certificados de profesionalidade, co fin de que a través destas probas podan demostrar que posúen os coñecementos e capacidades básicas que lles permitan acceder e cursar con aproveitamento esta formación para o emprego.

A participación do alumnado nas probas deste ano, tanto para o nivel 2 como o 3, aumentou con respecto a 2016 en preto dun 40% e a media da porcentaxe de aptos chegou ao 70%. A porcentaxe de aptos no nivel 2 foi do 75% e no 3 do 64%. As materias que se avaliaron foron matemáticas, lingua castelá, lingua galega, e inglés.

A posta en marcha desta iniciativa responde á renovación que desde 2009 se vén realizando en toda a oferta de formación para o emprego, en base aos novos certificados de profesionalidade. A iniciativa busca fomentar a calidade da formación profesional para o emprego mellorando o perfil profesional das persoas e motivándoas para progresar no eido do emprego e na formación co obxectivo último de acadar a inserción no mercado de traballo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar