A Deputacion de Ourense participa en Madrid no “Foro da Auga”

A deputada provincial de Termalismo, Ana Villarino, participou hoxe en Madrid, no “Foro da Auga”, organizado polo xornal ABC, xornada na que falou das liñas de traballo que está a desenvolver a Deputación de Ourense no termalismo, destacando o papel protagonista que Ourense ten como “a provincia termal”, pola súa riqueza, historia, infraestruturas e potencial no ámbito termal.

No foro, que foi clausurado pola ministra de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, Ana Villariño expuxo entre outros temas a iniciativa proposta polo presidente do goberno provincial, Manuel Baltar: o “Pacto Termal Nacional”, que ten como obxectivo promover o valor económico, cultural e de saúde do termalismo en España e aproveitar as oportunidades que ofrece este sector.

No “Foro da Auga” diferentes expertos e representantes institucionais analizaron e debateron sobre temas como os transvases e a cooperación interterritorial; e a auga como xeradora de riqueza e como fonte de saúde.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar