“Festa do Pulpo” da comunidade galega en Núremberg

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, participaron na Festa do Pulpo que organiza o Centro Galego de Núremberg (Alemaña).

Esta ocasión aproveitouse para irmandar esta celebración -que xa cumpre 25 anos- coa tradicional Festa do Pulpo do Carballiño, todo un referente das festas gastronómicas galegas. A celebración de contou, ademais, coa actuación da artista galega Cristina Pato, así como da sección música do Centro Galego desta cidade alemá.

Durante a súa visita, os representantes da Xunta eloxiaron os valores da colectividade galega no exterior, que constitúe en todos os lugares un exemplo de integración ao mesmo tempo que se esforza por manter vivas as tradicións e cultura galega no estranxeiro.

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2017, residen actualmente en Alemaña 17.023 galegas e galegos, dos que máis da metade (9.073) naceron xa na diáspora.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar