TVG: Esta noite, a historia de amor de «Vidago Palace»


Esta noite, a Televisión de Galicia emite o especial “A historia de amor de Carlota e Pedro”, unha ficción coa que os espectadores revivirán a romántica relación entre os protagonistas de “Vidago Palace”. A herdeira dos condes de Vimeiro e o camareiro do emblemático hotel portugués deberán facer fronte aos prexuízos sociais e ás conveniencias familiares para cumprir o seu desexo de estar xuntos.

O destino marcado para Carlota, filla duns aristócratas en declive, era un matrimonio de conveniencia con Cesár, un mozo de familia adiñeirada que podería solucionar os problemas económicos dos seus pais. O encontro con Pedro, un mozo estudoso e traballador pero de procedencia humilde, cambiará a súa vida.

CASAMOS

 

Hai persoas que botan anos procurando a súa media laranxa e logo están Mariela e Eduardo, protagonistas dunha nova entrega de “Casamos”. Estes dous mozos tiveron claro dende o primeiro momento que o seu era para sempre.

A súa historia é de película: Mariela viaxou dende Arxentina á Costa da Morte para coñecer a terra onde naceu o seu pai. En Cee coñeceu a Eduardo, o seu namorado, e despois de 20 días pasaron polo altar. Decidiron instalar o seu niño de amor en Galicia e comezar unha vida xuntos. Aínda que nos seus comezos poucos daban un peso pola súa relación, agora queren celebrar os seus 17 anos de amor.

En “Casamos” renovarán os seus votos cunha cerimonia que contará coa presenza sorpresa de Emilio Butragueño, lendario xogador do Real Madrid, e Peke, cantante e líder da Orquestra Olympus.

 

A REVISTA

 

Os reporteiros de “A Revista” estarán hoxe en Vigo na barbería Simón R. Puga, seleccionada, por terceiro ano consecutivo, como finalista do concurso nacional de barberías con encanto. No local, traballa un equipo de tres persoas con ampla experiencia que acumulan diferentes recoñecementos ao longo da súa traxectoria. Ademais, o programa visitará en Ourense o Salón da Prevención e a Seguridade no Traballo, PREVISEL, un escaparate especializado, onde se dan cita os expertos do sector co fin de intercambiar experiencias e actualizarse en torno aos últimos avances. Entre outras cousas, tratarán o síndrome do traballador queimado ou os riscos laborais nos traballos de horta.
Por outra parte, a presentadora do magazine, Laura Peña, conversará con José Antonio Fraga, director comercial de Send2me, unha innovadora empresa que permite recibir paquetes na casa aínda que non estea ninguén. Isto é posible grazas a uns buzóns intelixentes onde os repartidores poden deixar as compras na casa e recoller produtos que o cliente quera devolver. Tamén visitará o estudio do programa a colaboradora Teresa Abalde para comentar a crónica social.

 

tvG2
ZIGZAG DIARIO

 

“Zigzag Diario” descobre esta noite aos espectadores o son da frauta shakubachi, da man do músico Rodrigo Rodríguez, que conversará no estudio con Pilar García Rego. O intérprete aprendeu de mestres nipóns a técnica para tocar este instrumento tradicional, de música evocadora e hipnótica, que soa nos seus recitais por todo o mundo. O músico visita Compostela para presentar a curta documental «Hyoakusha Caminante sin rumbo» xunto a Ánxela Caramés e Xisela Franco nun concerto o vindeiro sábado na Coruña.

Ademais, o programa atenderá a outras novidades da escena musical galega como o último traballo de Aries, o remix «Adieu or Die», e recollerá o eco do concerto en Ferrol do músico e compositor Salif Keita, coñecido como “A voz de ouro africana”. Moncho Lemos traerá a “Zig Zag Diario” o novo traballo de Luz Casal, un álbum tributo á cantante francesa Dalila.

 

FÁTIMA EN GALICIA

 

A tvG2 emite esta noite dous documentais sobre as coñecidas como “aparicións de Fátima”, con motivo do seu centenario e a visita do Papa Francisco ao Santuario en Portugal. A peza “Fátima en Galicia” indaga na relación con Galicia deste fenómeno, descubrindo historias pouco coñecidas sobre aparicións marianas tamén en Tui e Pontevedra. A continuación, a segunda canle ofrece “O segredo de Lucía”, un capítulo da serie “O Explorador” que se mergulla en misterios e episodios singulares da historia do século XX. Nesta entrega, a investigación centrase na abraiante figura de Lucía dos Santos, a principal protagonista da única aparición da Virxe anunciada previamente.
Data de emisión: Mércores, 10.05.2017
Cinema de Noite (00.30 h)
“SEN IDENTIDADE”
(“Unknown”)

Director: Jaume Collet-Serra
Elenco: Liam Neeson, January Jones, Diane Kruger, Aidan Quinn, Frank Langella, Bruno Ganz, Sebastian Koch e Oliver Schneider. GB/AL/FR. 2011/ Thriller / Suspense / Acción (12)

**SINOPSE**

Estando coa súa muller (January Jones) de visita en Berlín, o doutor Martin Harris (Liam Neeson) sofre un accidente de tráfico e entra nun prolongado estado de coma. Cando esperta, comproba alarmado que outro home (Aidan Quinn) usurpou a súa personalidade. Entón emprenderá coa axuda dunha muller (Diane Kruger) unha frenética investigación para descubrir a verdade sobre o que está a suceder.
MINUTADO do 10/05/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo Faladoiro cos xornalistas Luis Pérez, Luis Villamar e María Méndez.

:

10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ Cap. 1171: «Cazola de pescada ao curry con pexego en almibre”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05
O FARO Cap. 165

Serie. Hoxe, Carme consegue desenmascarar a Pedro. O cociñeiro estivo mentindo ás mulleres do Faro durante todo o tempo. As desgrazas non veñen soas e Fina encóntrase cada vez peor, a súa saúde empeora notablemente. En cambio, Ricardo está moi contento porque descobre que as fotos comprometidas nas que saía Lucía, estaban trucadas. Ricardo sabe quen pode ser a autora desa montaxe e decide plantarlle cara. A Ricardo dúralle moi pouco esta ledicia, porque se vai ver salpicado por un percance que lles afecta tamén aos Samáns.

:

11:55
MELLOR XUNTOS Cap. 5

O programa “Mellor Xuntos” retrata proxectos cooperativos galegos. Hoxe, este espazo divulgativo comezará o seu percorrido no porto de Ribeira, onde os reporteiros coñecerán unha iniciativa que aglutina pescadores na cooperativa Artesáns da Pesca. O equipo tamén se achegará ata Arzúa para estar con expertos en apicultura de Galicia e a Carballeda de Avia para coñecer un proxecto de catering.A viaxe rematará en Culleredo, na iniciativa Frugal de froita deshidratada.

:

12:30
A REVISTA

Presenta Laura Peña.

13:45
CADA DÍA UN LIBRO Cap. 1703

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador. Hoxe, «Á marxe. Obra xornalística», unha recompilación dos artigos publicados por Carlos Casares na columna «Á marxe» de La Voz de Galicia. Son 10 volumes que recollen o escrito polo autor entre os anos 1992 e 2002. As columnas mesturan o xornalismo de creación e opinión coa anécdota humorística. 10 anos a través dos ollos de Casares, por onde pasan personaxes como Lady Di, Woody Allen ou Torrente Ballester.

:

13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35
O TEMPO

15:50
FONTEALBA Cap. 163

Aurora segue a desconfiar de Roberto, a idea de convivir xuntos na casa onde vivía con Mati e Lourdes non está a ser unha boa experiencia. Mateo cada día que pasa se achega máis e máis a Amalia, removendo todo o pasado, e facendo cada vez máis insoportable e difícil a calma en Hortoduro. Luís terá que comezar a pensar en tomar cartas no asunto.

:

16:35
TI VERÁS Cap. 103

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

17:35
PADRE CASARES, LOUREDO RESPONDE Cap. 87: «Por qué en Louredo os problemas se arreglan todos cunha dimisión?”

Os protagonistas da serie dan os seus puntos de vista sobre as tramas máis importantes que se están a desenvolver na serie.

17:55
PADRE CASARES Cap. 171: «Unha larga Semana Santa»

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.Santo Antonio de Louredo prepárase para a Semana Santa e Elsa exerce de catequista cos mozos que preparan a súa confirmación. Coa mellor intención, intenta resolver as dúbidas que lle expoñen os mozos, pero hai unha cousa para a que a pastora non está preparada: para falar de sexo. Ante as incómodas preguntas dos mozos, non queda máis remedio que recorrer a don Rodrigo. O novo párroco debe reconducir a conversación cara ao que realmente importa: a Semana Santa. Para captar a atención dos confirmantes, o cura explicaralles a paixón, morte e resurrección de Xesús, baseándose nunha historia real, acontecida recentemente en Louredo e que ten a Puri e a Moncha como protagonistas.

:

19:05
ÁREA PÚBLICA Cap. 382

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

:

20:25
INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos Amado. Alfonso Hermida encárgase da información deportiva.

21:50
O TEMPO

22:00
CASAMOS! Cap. 170: «A historia de amor de Mariela e Edu”

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!». En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado.
Hoxe, os protagonistas do programa son Eduardo e Mariela, que renovan os seus votos dezasete anos despois de casar. A cerimonia contará co futbolista Emilio Butragueño e o cantante da orquestra Olympus como convidados sorpresa.

:

23:10
ESPECIAL Cap. 372: «Vidago Palace: A historia de amor de Pedro e Carlota”

Os espectadores revivirán a emocionante relación entre Carlota, filla dos condes de Vimeiro, e Pedro, camareiro do hotel Vidago Palace nesta produción de ficción, que recompila o esencial desta historia de amor prohibida.

:

00:50
CINEMA DE NOITE «Sen identidade»

(“Unknow”), de Jaume Collet-Serra, con Liam Neeson, January Jones, Diane Kruger, Aidan Quinn, Frank Langella, Bruno Ganz, Sebastian Koch, Olivier Schneider. GB / AL / FR. 2011. Thriller / Suspense / Acción (12)
Estando coa súa muller de visita en Berlín, o doutor Martin Harris sofre un accidente de tráfico e entra nun prolongado estado de coma. Cando esperta, comproba alarmado que outro home usurpou a súa personalidade. Entón emprenderá coa axuda dunha muller unha frenética investigación para descubrir a verdade sobre o que está a suceder.

:

02:40
FONTEALBA Cap. 163 (Rep.)

:

03:25
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

03:40
CASAMOS! Cap. 170: «A historia de amor de Mariela e Edu” (Rep.)

:

04:45
MAR DE FONDO

Información do estado do mar

04:45
SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal

05:00
NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

05:30
A REVISTA (Rep.)

06:40
ÁREA PÚBLICA Cap. 382

:

07:55
INFORMACION ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar