Lugo ten música nas prazas da cidade este mes

 

Este mes de maio as prazas de Lugo volverán ter música co ciclo de concertos que ofrecen as distintas agrupacións de alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música. Deste xeito dáse continuidade ás actuacións dos pasados meses, organizadas conxuntamente pola Escola Municipal de Música e a asociación de usuarios deste centro, co apoio do Concello, co obxecto de levar as actividades a espazos abertos e establecer contacto coa cidadanía.

O programa deste mes de maio engloba 5 actuacións. Comeza hoxe ás 18:15 horas, na Praza da Soidade co grupo de frautas. O vindeiro luns, o escenario será a Praza do Campo, que acollerá a actuación da charanga a partir das 20:30 horas, e o xoves 18, este mesmo emprazamento recibirá ao grupo de música tradicinal, dende as 20:00 horas. O xoves 25 haberá clases dos grupos de clarinetes na Praza da Soidades ás 19:00 horas.

A última actuación deste mes será a da Banda, que ofrecerá un concerto o luns 29, na Praza maior, ás 19:30 horas. Xuño tamén arrincará con clases da aula de saxofón, no Paseo do Rato, de 16:00 a 20:00 horas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar