La soprano Ainhoa Arteta, hoxe, nunha noite solidaria do «Luar»

A potente voz da soprano internacional Ainhoa Arteta soará esta noite no escenario de “Luar”. Dedicada a actuacións en escenarios dos cinco continentes, “Luar” acollará unha das súas contadas aparicións en televisión. A artista vasca amosará no escenario a versatilidade da súa voz, que lle permite combinar as actuacións operísticas con recitais e concertos en que interpreta coidados repertorios de cancións españolas e francesas modernas. O programa contará tamén coas actuacións da cantante e violonchelista Rosa Cedrón e do músico e estudoso do folclore tradicional galego Xabier Díaz , quen subirá ao escenario con Adufeiras de Salitre. As pandeireteiras colaboran nas cancións do seu último álbum “The tambourine man”, en que reinterpreta, desde un enfoque contemporáneo, a música tradicional.

Esta noite, a música converterase nun chamamento á solidariedade, xa que Luar dedica esta edición a apoiar a campaña “Contra a pobreza infantil, apadriña”, que conta un ano máis coa colaboración da CRTVG. Durante a emisión, Xosé Ramón Gayoso, e outros rostros coñecidos da canle pública como os presentadores Marga Pazos e Terio Carrera ou a actriz Lucía Regueiro animarán os espectadores a chamar por teléfono e apadriñar a nenos e nenas que viven en condicións de pobreza extrema en todo o mundo.
O grupo de voces Sons de Celeiro, a Coral de Muxía, a Escola de Música de Santa Comba e a orquestra Galilea completan o elenco de actuacións do programa Ademais, continúan os dous concursos de talentos “Vai de baile”, cos Xarelos da Coruña e os Pícaros de Ningures, e “Recantos”, con Antonio Barros, de Vigo, e Aneu, de Ourense Sur.

 

GALICIA ON

“Galicia On” ocúpase hoxe dun dos sectores máis importantes para a economía galega, o conserveiro, que está a recorrer a innovación para xerar máis valor engadido nos seus produtos. O equipo do programa achegarase a Cecopesca, un centro tecnolóxico privado de ámbito estatal, integrado na Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Marisco, Anfaco, e que se dedica a promover a calidade, a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación no campo da conservación de produtos de pesca. Os reporteiros tamén estarán con dúas novas empresas do sector, Conservas Sotavento, que dende Porto do Son fai do artesanal o seu selo de distinción, e Mar de Ardora, unha conserveira de algas de Ortigueira que puxeron en marcha dous biólogos, que explotan e conservan estes produtos dun xeito respectuoso co medio natural.

 

A REVISTA

“A Revista” convértese este venres nunha sorte de guía gastronómica para os espectadores. Os reporteiros do programa estarán no Mercado de Sabores, que se está a celebrar en Vigo e que hoxe acolle o acto en que se recoñecen aos restaurantes galegos Bib Gourmand, é dicir, os que, segundo os inspectores da prestixiosa “Guía Michelín”, ofrecen a mellor oferta gastronómica a prezos de menos de 35 euros. O outro equipo do programa estará no Club do Mar de San Amaro onde se organiza un campionato de tenis de mesa, en que participan trinta persoas con enfermidades mentais de toda Galicia.
No estudio, Laura Peña conversará con Luis Rivera, presidente do Centro Comercial Aberto Ourense Centro, que organiza unha xornada especial para promover as tendas do centro da cidade. Un centenar de establecementos abren as súas portas en horario nocturno durante esta “shopping night”. Tamén está convidada ao programa a cardióloga Marisa Crespo, que dará algunhas recomendacións para previr enfermidades cardíacas. Octavio Villazala despedirá a semana traendo ao estudio unha tarántula.

 

tvG2
ZIGZAG DIARIO

Na súa edición dos venres, centrada nas artes escénicas, “Zig Zag Diario” convida ao estudio a Yelena Molina, quen encabeza o elenco da obra teatral “A cabeza do dragón”, a primeira representación en galego de textos de Valle-Inclán. A actriz interpreta a princesa Brancaflor que ha de ser entregada ao Dragón para salvar o reino de Micomicón, segundo conta o autor do esperpento na colección de farsas “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”, en que se basea a montaxe.
Os espectadores poderán achegarse a outras obras en cartel esta fin de semana como “Desconexión”, de Xurxo Cortázar e “Symon Pédícrí”, de Diego Anido. A proposta de Xurxo Cortázar, que se representa na Sala Ártika de Vigo, presenta ao público un individuo que cumpre unha condena conectado a un semáforo regulando o tránsito de peóns, e que ten unha dobre personalidade que encarna as contradicións ás que se enfronta ao ser humano. No Salón Teatro de Santiago de Compostela, Diego Anido profunda na biografía do cirurxián autodidacta Symon Pédícrí, que chegou a aplicar no seu propio corpo os seus coñecementos.

 

MINUTADO do 05/05/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista con Juan Collazo, director artístico do grupo Odaiko, e o espazo Faladoiro cos xornalistas Pablo Acción, Valentín Carrera e María Méndez.

:

10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ «Rolos de carne e pistachos con tofe de Porto”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05
O FARO Cap. 162

Serie. No Faro prodúcese un roubo e Fina ten moi claro que o culpable é un traballador do negocio. Carme advirte a Erea de que Lidia ten sospeitas de que o seu embarazo de Erea non é real e quere falar con Ricardo sobre o tema. Erea ten que impedir que isto ocorra se non quere que se descubra a verdade. Despois de moito tempo sen ter noticias de Manuel, Vítor recibe a chamada do seu pai e aproveita para preguntarlle por Iturralde. Patri e Vítor quedan para cear xuntos e así retomar a súa amizade, pero Vítor séntese moi celoso cando a ve falando por teléfono cun descoñecido.

:

12:00
GALICIA ON «Conservas do mar»

Programa que recolle iniciativas que lograron transformar novas ideas en valor nos distintos sectores productivos galego. “Galicia On” ocúpase hoxe dun dos sectores máis importantes para a economía galega, o conserveiro. O equipo do programa achegarase a Cecopesca, un centro tecnolóxico privado de ámbito estatal integrado na Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Marisco, Anfaco; a Conservas Sotavento, que dende Porto do Son fai do artesanal o seu selo de distinción, e Mar de Ardora, unha conserveira de algas de Ortigueira.

:

12:30
A REVISTA

Presenta Laura Peña.

13:45
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35
O TEMPO MEDIODÍA

Información meteorolóxica e prognóstico do tempo

15:50
FONTEALBA Cap. 160

Amalia pídelle a Andrés que se ligue a Carmela. Mati despídese definitivamente de Fonso.
Andrés dálle un novo posto a Carmela, esta descubre que Fran ten o gran problema de compras compulsivas. Mati aínda que dubidou finalmente marcha da casa.

:

16:35
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

17:40
PADRE CASARES, LOUREDO RESPONDE Cap. 84: «Como afectou a crise a Louredo?

Os protagonistas da serie dan os seus puntos de vista sobre as tramas máis importantes que se están a desenvolver na serie.

18:00
PADRE CASARES Cap. 168: «Tres problemas»

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.

:

19:05
ÁREA PÚBLICA Cap. 379

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

:

20:25
INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos Amado. Alfonso Hermida encárgase da información deportiva.

21:50
O TEMPO

22:05
LUAR Cap. 1080: «Especial Axuda en Acción»

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. A potente voz da soprano internacional Ainhoa Arteta estará hoxe no escenario de “Luar”. O programa contará tamén coas actuacións da cantante e violonchelista Rosa Cedrón e do músico e estudoso do folclore tradicional galego Xabier Díaz , quen subirá ao escenario con Adufeiras de Salitre. Esta noite, a música converterase nun chamamento á solidariedade xa que «Luar» dedica esta edición a respaldar a campaña “Contra a pobreza infantil, apadriña”, que conta un ano máis coa colaboración da CRTVG.

:

01:35
COS PÉS NA TERRA Cap. 72

Programa onde se amosa a vida cotiá das xentes que viven por e para o campo. O día a día das persoas que viven no rural e aman o seu modo de vida.Esta semana, o equipo de “Cos pés na terra” desprázase ata Ortigueira, lugar onde Alberto e Sergio dispoñen dunha parcela na que cultivan un vexetal difícil de ver nos invernadoiros, as algas. Ademais, o programa tamén coñecerá a Belén e Iñaki, que elaboran licores ecolóxicos con herbas e pequenos froitos do bosque.

:

02:35
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

02:45
FONTEALBA Cap. 160 (Rep.)

:

03:35
TI VERÁS (Rep.)

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

04:25
NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

04:45
SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal

05:00
A REVISTA (Rep.)

06:05
NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

06:45
ÁREA PÚBLICA (Rep.)

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar