Tonhito de Poi e Lucía Pérez visitan hoxe «Land Rober Tunai Show»


Tonhito de Poi volve esta noite a “Land Rober Tunai Show” coa súa compañeira de viaxe en “Destino Santiago”, Lucía Pérez. Despois de 40 días de peregrinación seguida en directo polos espectadores, os artistas sentarán ante os micrófonos de “Radio Rober” para falar da súa experiencia como protagonistas deste proxecto de televisión amodiño, que a TVG introduciu en España, de modo pioneiro.

O actor Luís Iglesia tamén estará no estudio, encarnando un personaxe que aparece nos peores pesadelos dos Gorrillas, o temible Carmelo da exitosa serie “Matalobos”, emitida pola Televisión de Galicia. José María e José Luís serán os brancos da súa ira nun dos sketchs do programa de Roberto Vilar. Ademais, Touriñán estará acompañado polo actor e humorista Marcos Pereiro, coñecido polos espectadores como a Nucha das cantareiras de Ardebullo Os dous compartiron os últimos quince anos no mundo do teatro e o mañá estrearán en Noia a súa última obra, “Agora en serio”.

 

A REVISTA

Os reporteiros do programa “A Revista” desprazaranse hoxe ata Mos para coñecer a terapia con cabalos que se ofrece aos nenos con autismo na Escola de Equitación Abraín. Tamén estarán en Ourense, onde se desenvolve unha campaña para previr atropelos promovida pola asociación Stop Accidentes. Grupos de voluntarios recordarán aos condutores e aos peóns a necesidade de respectar as normas de seguridade viaria nos puntos máis conflitivos da cidade.

Por outra banda, Laura Peña conversará co cirurxián plástico José Luis Vila, quen comentará cales son as operacións estéticas que máis se demandan de cara ao verán. A presentadora do programa tamén recibirá no estudio o colaborador Moncho Lemos para comentar as estreas da fin de semana nos cines e o director xeral de Axuda en Acción, Fernando Mudarra, para profundar na campaña “Contra a pobreza infantil, apadriña”, que está a desenvolver a oenegué e que conta un ano máis co apoio da CRTVG.

 

 

tvG2
ZIGZAG DIARIO

“ZigZag Diario” está dedicado hoxe ao cinema. Directores noveles, festivais e mesmos centros de formación de talento para o sétimo arte son algúns dos contidos do programa desta noite. O cultural recibe no estudio a Lucía Estévez, cineasta que, tras pasar por departamentos técnicos en reputadas longametraxes, se iniciou como directora coa curta “Volver allí”. Autora tamén da comedia “Prevenidos Webserie” e tras facer incursións nos terreos da videodanza e a videoarte, visita o programa para falar dunha traxectoria, aínda breve, pero prometedora.

Ademais, “ZigZag Diario” ocuparase da programación do festival Primavera do Cine, que se celebra en Vigo ata o vindeiro martes 9 de maio e polo que pasarán curtas de animación e feitas en Galicia e Portugal, videoclips e longametraxes, tamén galegas e lusófonas. Na mesma cidade, o espazo cultural da tvG2 celebrará o nacemento de 35 ESAV, nova Escola de Formación Superior Audiovisual, que abrirá as súas portas inminentemente para facilitar a confluencia entre cine e fotografía.

MINUTADO do 04/05/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista con Isidoro Rivera Campos, presidente do comité organizador do V Congreso de Pacientes Crónicos SEMERGEN, e o Faladoiro cos xornalistas José Luis Jiménez, María Val e Luis Pérez.

:

10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ Cap. 1167: «Nikuman»

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05
O FARO Cap. 161

Serie. Carme comeza a desconfiar de Pedro e pídelle a Rafael que investigue o cociñeiro. Fina decátase de que Ánxela e Pedro teñen unha relación especial e decide falar do asunto coa súa nora. Ricardo e Víctor están desesperados porque necesitan cartos e Carme non lles paga polo traballo feito. Lidia comeza a ter certas sospeitas sobre o embarazo de Erea e quere falar con Ricardo do tema. Lucía e Ricardo intentan que Patri e Víctor se reconcilien outra vez. A tranquilidade no Faro vese alterada por un incidente que desconcerta a Fina.

:

12:00
SOPA DE FESTA Cap. 74: «Fesa da carne ao caldeiro. Castro-Carballedo”

Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade. Hoxe, o programa levará os espectadores da Televisión de Galicia o ambiente festivo da Feira da Carne ao Caldeiro de Castro. Paula Señarís estivo cos membros da asociación O Bubaíño, que se encargaron de preparar os centos de quilos de carne que se serviron ao longo do día.

:

12:35
A REVISTA

Presenta Laura Peña.

13:50
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:55
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35
O TEMPO

Información meteorolóxica e prognóstico do tempo

15:50
FONTEALBA Cap. 159

O novo pedido de flor barata trae de cabeza a Luís. É unha boa nova, pero hai moitos problemas de xestión. Fonso e Andrés falan dos seus novos postos. Carmela non atura os novos horarios xa que non vai poder ir a ver o seu irmá. Paco esixe máis peóns, xa que non dan feito en Hortodouro.

:

16:35
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

17:40
PADRE CASARES, LOUREDO RESPONDE Cap. 83: «Como se deciden as cousas en Louredo?

Os protagonistas da serie dan os seus puntos de vista sobre as tramas máis importantes que se están a desenvolver na serie.

18:00
PADRE CASARES Cap. 167: «Escrito para sempre»

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.
Esta noite o capítulo de “Padre Casares” será un dos máis emotivos da serie xa que a noticia da grave enfermidade de Santi caeu coma unha xerra de auga fría sobre os veciños de Louredo, pero non todos reaccionaron da mesma maneira.

:

19:10
ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

:

20:25
INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos Amado. Alfonso Hermida encárgase da información deportiva.

21:50
O TEMPO

22:00
LAND ROBER TUNAI SHOW EXPRESS

22:15
LAND ROBER TUNAI SHOW

Programa presentado por Roberto Vilar, coa proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. Tonhito de Poi e Lucía Pérez estarán con Roberto Vilar tras facer historia da televisión no proxecto da TVG “Destino Santiago”. Tamén están convidados ao programa o actor Luís Iglesia e o actor e humorista Marcos Pereiro.

:

00:40
SHETLAND Cap. 8: «Auga morta. Segunda parte»

Thriller policial da BBC que se desenvolve nas illas británicas do mesmo nome. Un detective regresa á súa vila natal disposto a defender os seus veciños de calquera mal que ameace a tranquila vida do arquipélago.

:

01:45
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

01:55
FONTEALBA (Rep.)

:

02:40
TI VERÁS (Rep.)

:

03:40
CASAMOS! Cap. 169: «A historia de amor de Isa e Dani»

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!». En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado.
Isa e Dani casan na Coruña coas cámaras da Televisión de Galicia como testemuñas. Eles son os protagonistas da historia de amor que conta o programa “Casamos”.
O enlace chega despois de dous anos e medio de relación, pero máis dunha década despois de coñecérense como compañeiros de traballo.

:

04:35
REPORTAXES «VIVIR AQUÍ» «Milagres Baños de Molga”

04:45
MAR DE FONDO XOVES

Santiago Pemán informa sobre as condicións meteorolóxicas marítimas

04:50
SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal

05:10
A REVISTA (Rep.)

06:15
NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

06:50
ÁREA PÚBLICA (Rep.)

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

:

07.55
INFORMACION ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar