XXVII Xuntanza de Confraternización dos Maiores en Porto do Son

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reivindicou un papel protagonista dos maiores na sociedade actual durante a XXVII Xuntanza de confraternidade de maiores.

Durante o transcurso do encontro, o titular departiu cos asistentes e fixo referencia aos múltiples servizos que a Consellería de Política Social pon a disposición das persoas maiores para fomentar o envellecemento activo e os hábitos de vida saudables como a mellor maneira de previr situacións de dependencia.

 

Neste sentido, Rey Varela fixo alusión aos programas de benestar en balnearios, mediante o cal se ofertan estadías e tratamento termal para maiores; e xuntos polo Nadal, dirixido a aquelas persoas maiores que se atopan soas durante as datas de Nadal.

Na súa intervención, o conselleiro lembrou a importancia dos maiores na construción da sociedade moderna e do benestar de hoxe, engadindo que estes teñen un papel principal no presente e futuro desta terra. “A vosa sabedoría, experiencia, traxectoria vital, e saber facer son os froitos do voso esforzo e dos que hoxe aprendemos o resto”, sinalou Rey Varela.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar