Brookings Institution e a Cámara EEUU-España colaborarán coa II Misión USA-Ourense

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, centrou a súa axenda, na terceira xornada da súa viaxe a Estados Unidos, nas estratexias de networking para os sectores clave da economía ourensá, co obxectivo de propiciar, por medio de alianzas con importantes entidades estadounidenses, que a segunda misión comercial USA-Ourense potencia a innovación e as relacións económicas entre empresas de ámbolos dous territorios.

Neste sentido, Baltar reuniuse con directivos de Brookings Institution, un dos centros de investigación social máis antigo de Washington, e con representantes da Cámara de Comercio EEUU-España. As dúas entidades confirmaron a súa colaboración coa II Misión USA-Ourense na procura de busca de espazos de oportunidades empresariais para os sectores máis competitivos da economía ourensá.

Tralos https://www.viagrasansordonnancefr.com/ou-acheter-du-viagra/ encontro celebrado en Washington con Marek Gootman, director de asociación estratéxica de Brookings, Manuel Baltar afirmou que a alianza con esta entidade, situada na vangarda das políticas de innovación, “abrirá novas posibilidades de mercado para as empresas ourensás, nos encontros que se celebren no marco da misión, centrando a súa cooperación nos posibles investidores que puideran estar interesados en desenvolver proxectos conxuntos con empresas dos sectores de actividade máis característicos e de maior competitividade da provincia de Ourense”.

Brookings está a desenvolver programas como Global Cities, nos que seleccionan territorios que aposten pola innovación como sede de proxectos estratéxicos, de aí o interese desta organización por coñecer o proxecto “Provincia Intelixente” e a importancia do liderado institucional da Deputación de Ourense.

Apoio da Cámara USA-España

Por outra banda, Manuel Baltar reuniuse coa directora executiva da Cámara de Comercio bilateral USA-España, Gemma Cortijo, entidade presidida por Alan Solomont, ex embaixador dos Estados Unidos en España, quen participou na primeira misión comarcial USA-Ourense, a cal avaliou moi positivamente polo desenvolvemento deste encontro empresarial. Gemma Cortijo saudou a celebración dunha nova edición da misión, salientando que será ademais dun novo reto para as empresas de Ourense, unha oportunidade para compañías norteamericanas.

A directora executiva destacou a importancia de sectores da economía ourensá como o agroalimentario, o termalismo ou o turismo cultural, e confirmou que a Cámara de Comercio bilateral USA-España decidiu fixar como obxectivo prioritario neste ano a segunda misión comercial USA-Ourense.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto