Pontevedra: Recta final da nova ordenanza de verteduras

O Concello leva un tempo traballando na actualización do regulamento de verteduras á rede de saneamento, de feito está na recta final. Segundo informou o portavoz do Goberno local, Raimundo González Carballo axiña estará en exposición pública co fin de que se podan presentar as alegacións oportunas.

A Xunta de Goberno local informou que a nova ordenanza de verteduras, ademais de adaptarse a nova legalidade, inclúe novas prestacións como, por exemplo, que o mantemento das acometidas entre a rede xeral e o límite da propiedade vai a ser a conta do Concello e ademais “será de aplicación con independencia do modelo de xestión”. Tamén regulamentará a distancia que ten que haber entre o produtor da vertedura e os supostos que se excepcionan. A idea é que o novo regulamento condicione xa o novo contrato.

A actual ordenanza municipal de verteduras á rede de saneamento, do 20 de abril de 2007, ten que ser modificada para axustarse as modificacións legais derivadas da Lei de augas 9/2010, do regulamento do ano 2012 e da Directiva de servizos da UE.

O novo regulamento rebaixa de 100 a 50 metros a distancia entre o produtor da vertedura e a rede de sumidoiros para a conexión agás  os seguintes supostos.

  • cando non hai posibilidade de conectalo por unha vía de acceso rodado pública o de uso público
  • cando hai que atravesar estradas doutras administracións tanto estatais, autonómicas ou provinciais e vías de tren
  • cando é imposible conectar porque está tendida (soterrada) a rede eléctrica, a rede de gas ou a rede de comunicacións
  • cando haxa que cruzar un río ou regato
  • unha de carácter xeral, por imposibilidade técnica como poder ser a dureza do terreo ou o ancho do camiño non permite pasar por aí a rede de sumidoiros

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar