Lugo concentra a metade do investimento na transformación á que Medio Rural achega 27,4 millóns

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou  o importante peso que ten Lugo no ámbito da transformación de produtos na nosa comunidade. De feito, das 185 solicitudes recibidas este ano pola consellería para fomentar esta actividade, 48 son desa provincia, o que supón case o 26% de toda Galicia. Máis significativo aínda é o investimento previsto con estes proxectos, 63,5 millóns de euros que supón o 50% do total. O orzamento destas axudas medrou este ano un 9,6%, pasando de 25 millóns de euros a 27,4 nesta convocatoria.

Ángeles Vázquez fixo estas declaracións no foro empresarial de El Progreso celebrado en Vilalba, onde defendeu a transformación como fórmula para aumentar o valor dos produtos e incrementar así os ingresos dos que viven no rural. Esta cuestión cobra importancia no ámbito lácteo, cun importante peso nas mencionadas axudas de 30,7 millóns de euros. Outros 19,4 millóns investiranse no sector da alimentación animal, 9,5 no cárnico e 2,2 no sector do viño.

“E fundamentais para garantir unha renda agraria digna son tamén as axudas da PAC”, declarou a conselleira. Neste sentido, lembrou que no 2016 un total de 12.400 gandeiros e agricultores da provincia de Lugo percibiron máis do 48% das axudas do primeiro piar da PAC en Galicia. Preto de 101 millóns de euros dos 208 totais. No caso do segundo piar, Lugo concentra o 64,5% do total de Galicia, é dicir, 20 dos 30 millóns de euros das axudas destinadas a agricultura ecolóxica, agroambiente e clima, e zonas de montaña ou con limitacións naturais.

 

No que se refire á PAC 2017-2018, a Xunta publicou a orde o primeiro día establecido pola normativa, o 1 de febreiro. “Sendo Galicia a primeira comunidade autónoma en facelo”, declarou Ángeles Vázquez, quen tamén apelou ao futuro coa reforma da PAC 2020 na que se pretende que Galicia teña un papel clave polo seu peso a nivel nacional. Para a portavoz autonómica a PAC ten que velar polo establecemento dunha renda básica e facilitarlle a incorporación aos máis novos, que ao fin e o cabo, son os máis concienciados pola preservación do medi

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar