“O mellor entroido do Mundo”, hoxe, as 22.30, na TVG

A Televisión de Galicia súmase esta noite ás celebracións do día grande do Carnaval coa emisión do programa especial “O mellor Entroido do mundo”. A partir das 22.30 h., os espectadores da canle pública poderán contaxiarse do ambiente que se viviu ao longo do día nas localidades galegas coas tradicións máis arraigadas. As reporteiras do espazo estarán no triángulo máxico ourensán formado por Xinzo de Limia, Verín e Laza, onde descubrirán os segredos de pantallas, cigarróns e peliqueiros.

O Entroido rural de Salcedo, na Pobra do Brollón, co seu famoso oso que baixa do monte; os xenerais da Ulla, e o “fulión” de Manzaneda serán outras das celebracións ás que acudirá o programa, que continuará o seu percorrido no Morrazo onde manteñen vivas danzas ancestrais do Entroido, como as que executan as madamas e galáns de Cobres, ataviados con coloridos traxes. Así mesmo, as xornalistas de “O mellor Entroido do mundo” participarán en celebracións urbanas como a tradicional “Voda da Pita”, que celebran no barrio ourensán das Eiroas, ou o espectacular desfile de carrozas e comparsas da cidade de Pontevedra.

Outra parada do espazo divulgativo estará en Fisterra, onde os protagonistas serán nenos e nenas que viven con emoción estes días de festa. A gastronomía tampouco faltará e os espectadores poderán ver como preparan no concello de A Baña as tradicionais filloas e orellas.

 

LARPEIROS
Este martes, os “Larpeiros” convidan a entrar na súa cociña o chef italiano Francesco Ianneli, co que os espectadores poderán coñecer a variedade e excelencia da gastronomía italiana. O cociñeiro convidado encargarase de elaborar o aperitivo para o menú, croquetas de arroz con queixo e xamón do país, ingredientes cos que lle dará o toque galego á receita. Don Benigno, pola súa banda, cociñará o prato principal do menú, co que mostrará a súa boa man para as receitas de culler. Esta noite levará a mesa de “Larpeiros” lentellas con peixe sapo e vieiras.
Mentres, Adrián encargarase de conseguir unha sobremesa á altura da ocasión. Visitará Melide onde da man de Manuel aprenderá a facer os tradicionais melindres.

SEN BARREIRAS

Nesta nova entrega do programa “Sen Barreiras”, que se ocupa de historias e situacións en que se promove a integración das persoas con algún tipo de discapacidade, os espectadores coñecerán a axuda que poden proporcionar os cans no tratamento de diferentes doenzas. As terapias asistidas con animais son cada máis frecuentes polos beneficios psicolóxicos, psicomotores, sensoriais e educativos que proporcionan, e os cans son a especie máis empregada nestas prácticas.

Ademais, o programa poñerá o foco na axencia de fotógrafos Nos Why Not, en que persoas con discapacidade intelectual poden desenvolverse profesionalmente no mundo da fotografía. A cámara convértese así nunha ferramenta para derribar barreiras.

 

O SAL DA TERRA
Nunha nova entrega de “O sal da terra”, Berto decide deixarlle a súa nai algo que conserva con moito cariño da súa época de triunfador: o seu coche de gama alta. Arrepentirase? Carmela, á súa vez, fuxindo do estrés, ensinará aos espectadores a facer un colar cun nó mariñeiro e, logo, cociñará un delicioso prato de linguado ao forno con lagostinos e queixo do Cebreiro. O seu fillo aproveitará este último ingrediente para preparar unha crema de queixo con salmón e gambas.
Coa comida xa feita, Berto achegarase á praza de Abastos de Vilagarcía e visitará o castro de Neixón e o Centro Arqueolóxico da Barbanza. E Carmela atoparase coa súa amiga Nera e outras compañeiras da Asociación de Redeiras Maruxía, que, gustosas, lle ensinarán o seu oficio.

A REVISTA

“A Revista” celebra hoxe o martes de Carnaval en Pontevedra e Ourense. Os reporteiros do programa asistirán en directo en Vilaboa do Morrazo ao “Entroido de Cobres”, cuxa orixe se remonta ao século XVIII. Galáns e madamas van de casa en casa, cos seus vistosos traxes e acompañados dunha charanga, levando a alegría polas aldeas da parroquia e interpretando unha danza tradicional, a cambio do que piden un donativo. Comezan pola mañá cedo e, xa pola tarde, ten lugar outra celebración típica, a Corrida do Galo. “Os vellos”, custodios da ave, que a comisión de festas buscou días antes, lévana coas patas atadas ata o lugar da celebración e alí métana nun burato, enterrándoa parcialmente. Este rito acompáñase con diferentes xogos, como cruzar o río sobre unha madeira esvaradía ou trepar por unha vara.

En A Xironda, o símbolo do Entroido son as Mázcaras, indumentaria tradicional que comezou a recuperarse hai pouco máis dunha década. Logo de desfilar pola localidade os días previos, este martes a vila chora a queima do Entroido.

Ademais, o magazine contará no estudo co dobremente galardoado cun Goya, Alberto Vázquez. O coruñés recolleu na última gala dos premios dúas estatuíñas, á mellor película de animación e á mellor curta, por “Pisconautas. Los niños olvidados” e “Decorado”. A primeira narra a loita de dous personaxes, Birdboy e Dinki, por escapar do ambiente asfixiante da illa en que viven. A segunda, é unha fábula existencialista sobre como se deteriora unha relación. A presentadora do programa, Laura Peña, conversará ademais con Javier Cercas, que vén de publicar “El monarca de las sombras”. Autor da exitosa “Soldados de Salamina”, o escritor e periodista volve achegarse á Guerra Civil a través dunha familia falanxista, nun traballo que el considera complementario do anterior. Tamén visitará o espazo a readaptadora física Alba Cons para propoñer novos exercicios aos espectadores.

tvG2

ZIGZAG DIARIO

Bárbara Lennie, María Mera, María Vázquez e Marta Lado son este ano as candidatas ao premio Mestre Mateo á mellor actriz, que outorga a Academia Galega do Audiovisual. Destacaron, respectivamente, polos seus traballos en “María e os demais”, “Dalia, a modista”, “Augasquentes” e “Sicixia”. O cultural da tvG2 “ZigZag Diario” achegarase hoxe a estes formatos, moi distintos entre eles, e á interpretación das súas protagonistas.

Por outra banda, o programa recibirá no estudio a Marta Bran, que expón “Once upon a time” na Zona C de Compostela, un proxecto creado especificamente para esta sala. Con referencias ao cotián e aos autores clásicos, a mostra componse de pezas elaboradas con pequenos anacos de pan, feitos con cerámica e que emerxen das paredes da Zona C. Con elas, a artista de Melide retrata a paisaxe fragmentada dun bosque, escenario de xogos de infancia e mocidade para aqueles que, ano tras ano, regresaban no verán á aldea para xuntarse con familia e amigos do período de vacacións, e experimentar novas sensacións.

O programa pechará co videoclip “Restos de un naufragio”, da banda galega Igloo, dirixido por Fran X Rodríguez e I Do Visual, que opta a un Mestre Mateo

Data de emisión: Martes, 28.02.2017
Cinema de Noite (00.15 h)

“JAPPELOUP, DE PAI A FILLO”
(“Jappeloup”)
Director: Christian Duguay
Reparto: Guillaume Canet, Marina Hands, Daniel Auteuil, Lou de Laâge, Tchéky Karyo, Jacques Higelin, Marie Bunel, Joël Dupuch, Fred Epaud, Arnaud Henriet, Donald Sutherland
Francia, 2013, 130’, Drama
**SINOPSE**

A principios dos 80, Pierre Durand abandona a avogacía para dedicarse en corpo e alma á súa paixón: o salto de obstáculos de cabalo. Apoiado polo seu pai, apóstao todo a un novo cabalo en quen ninguén cre: Jappeloup. Demasiado pequeno, estraño, imprevisible, cheo de defectos, aínda que tamén de extraordinarias aptitudes. Proba tras proba, o dúo progresa, impoñéndose no mundo da equitación. Chegan entón os Xogos Olímpicos dos Ánxeles, que terán un resultado inesperado.

MINUTADO do 28/02/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “Faladoiro”, hoxe cos economistas María Cadaval Sanpedro e Miguel A. Vázquez.

:

10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ “Brazo de xitano de salmón”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:00
O FARO Cap. 114

Serie.
Ricardo acode ao Faro a falar con Lucía, cun obxectivo, conseguirao? Tras esta conversa Erea vaille pedir dar un paso máis na relación a Ricardo. Pero as emocións para Ricardo só acaban de empezar porque está a piques de coñecer á súa nai. Rosa vai atopar por fin a quen lle pare os pes. Vítor acode a ver a Patricia para pedirlle que volva ao estudio.

:

11:55
SEN BARREIRAS

Programa de servizo público.
Os espectadores coñecerán a axuda que poden proporcionar os cans en tratamentos de diferentes doenzas. Ademais, o programa poñerá o foco na axencia de fotógrafos Nos Why Not, en que persoas con discapacidade intelectual poden desenvolverse profesionalmente no mundo da fotografía.

:

12:30
A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Laura Peña. Inclúe “Adiantos Informativos” e “O Agro”, conducidos por Irene Lamas.

13:45
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Informativo de proximidade. Presenta Ana Pérez. Durante media hora achéganlle á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.

14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35
O TEMPO

15:45
FONTEALBA Cap. 112

Serie que narra os conflitos da adiñeirada familia Douro.
A Amalia auméntanlle os ciumes cara Lola cada día que pasa. Nina segue coa intención de casarse con Gonzalo, pero non teñen nin idea de todo o que se está tramando detrás deles. A recuperación de Nina tras o accidente vai despacio, pero por bo camiño. Amalia non atura máis a situación de convivencia con Lola e tomará unha decisión drástica.

:

16:35
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

17:45
PADRE CASARES: LOUREDO RESPONDE Cap. 39

Os protagonistas da serie dan os seus puntos de vista sobre as tramas máis importantes que se están a desenvolver na serie.

18:05
PADRE CASARES Cap. 123: “Recuperando o toque ”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.

:

19:05
ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

:

20:25
INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR

20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Hermida.

21:50
O TEMPO

22:00
LARPEIROS “Día de melindres”

Combina gastronomía con humor e conversa.
Os “Larpeiros” convidan a entrar na súa cociña ao chef italiano Francesco Ianneli, co que os espectadores poderán coñecer a variedade e excelencia da gastronomía italiana. Elaborará o aperitivo para o menú: croquetas de arroz con queixo e xamón do país. Don Benigno, pola súa banda, cociñará lentellas con peixe sapo e vieiras e Adrián visitará Melide, onde aprenderá a facer os tradicionais melindres.

:

22:35
O MELLOR ENTROIDO DO MUNDO

Programa especial de Entroido, que visitará o triángulo máxico do entroido ourensán formado por de Limia, Verín e Laza, onde o seus reporteiros descubrirán os segredos de pantallas, cigarróns e peliqueiros. Tamén estará en Salcedo, na Pobra do Brollón, co seu famoso oso que baixa do monte. Amosará a tradición dos Xenerais da Ulla e o “fulión” de Manzaneda, e participará de celebracións urbanas como a tradicional “Voda da Pita”, do barrio ourensán das Eiroas, ou o desfile de carrozas e comparsas da cidade de Pontevedra.

23:35
COS PÉS NA TERRA

Programa onde se amosa a vida cotiá das xentes que viven por e para o campo. O día a día das persoas que viven no rural e aman o seu modo de vida.
Hoxe visitará a Horta de Antía, onde descubrirán que, en cuestións agrícolas, aínda queda moito por inventar.
Os espectadores tamén coñecerán as galiñas, vacas e porcos que Dolores e Sergio, de Granxas de Lousada, crían en liberdade. Os gandeiros explicarán no programa que lles gustaría gozar máis destes animais, aínda que non sempre o teñen doado.
O espazo da Televisión de Galicia tamén estará con Paco Nogueiras, con quen compartirá un día de traballo. Amante da música e a natureza, dedícase a mesturar a súas dúas paixóns para compoñer temas que evocan a contorna natural.

:

00:35
O SAL DA TERRA “O mellor amigo do home”

Serie culinaria.
Se hai unha cousa que Berto conserva con moito cariño da súa época de
triunfador é o seu coche de gama alta, que decide deixar a súa nai. ¿Arrepentirase? Carmela, pola súa banda, fuxindo do estrés, ensinará aos espectadores a facer un colar cun nó mariñeiro. Despois, cociñará un delicioso prato de linguado ao forno con lagostinos e Queixo do Cebreiro. Berto aproveitará para sorprendernos cunha crema de queixo con salmón e gambas.

:

01:20
CINEMA DE NOITE: “Jappeloup, de pai a fillo”

(“Jappeloup”), de Christian Duguay, con Guillaume Canet, Marina Hands, Daniel
Auteuil, Lou de Laâge, Tchéky Karyo, Jacques Higelin, Marie Bunel, Joël Dupuch, Fred Epaud, Arnaud Henriet, Donald Sutherland
Francia, 2013, 130’, Drama
A principios dos 80, Pierre Durand abandona a avogacía para dedicarse en corpo e alma á súa paixón: o salto de obstáculos de cabalo. Apoiado polo seu pai, apóstao todo a un novo cabalo en quen ninguén cre: Jappeloup. Demasiado pequeno, estraño, imprevisible, cheo de defectos, aínda que tamén de extraordinarias aptitudes. Proba tras proba, o dúo progresa, impoñéndose no mundo da equitación. Chegan entón os Xogos Olímpicos de Los Ángeles, que terán un resultado inesperado.

:

03:20
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

03:30
FONTEALBA Cap. 112 (Rep.)

:

04:25
NACER DE NOVO

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

04:40
MAR DE FONDO

04:45
SONS NA NOITE

05:00
A REVISTA (Rep.)

06:10
NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

06:45
ÁREA PÚBLICA (Rep.)

:

07:55
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar