Deputación de Ourense e mancomunidade do Carballiño cooperan en proxectos sociais

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co presidente e a vicepresidenta da mancomunidade de concellos do Carballiño, Manuel Cerdeira e Patricia Torres, entidade coa que a Deputación cooperará achegando un orzamento de 50.000 euros para o desenvolvemento de proxectos social e para temas relacionados coa xestión e o funcionamento da dita entidade local.

Manuel Baltar salientou á cooperación “como base para levar a cabo iniciativas que melloren os servizos nos concellos”, e para elo é necesario, dixo, “manter un contacto e diálogo permanentes, como vimos facendo desde o goberno provincial, cos concellos da provincia”. “Planificación e previsibilidade son aliadas dunha boa xestión pública, e iso redunda, sen dúbida, en melloras para os cidadáns”, expresou Baltar.

Xunto aos temas sociais, na reunión entre Manuel Baltar e os representantes da mancomunidade do Carballiño tamén se falou da inminente apertura do parque de bombeiros comarcal, que é posible grazas á existencia do Consorcio Provincial de Incendios e Salvamento.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar