Manuel Cabada, pregoeiro do Entroido pontevedrés

Manuel Cabada Álvarez será o pregoeiro do Entroido 2017. Con esta elección, o Concello segue a liña dos últimos anos de darlle protagonismo aos participantes no entroido pontevedrés porque Manuel Cabada está vinculado ao carnaval da cidade dende a súa infancia cando acudía ás sociedades e círculos mercantiles onde se celebraba, e logo ás discotecas Daniel, Shiva, Equus… previo a que o entroido saíra á rúa.

Dende o ano 1984, Manuel Cabada participa no entroido na rúa moi activamente. Primeiro da man do coñecido Pepe Shiva cos Shivaritas, e “cando un vai cumprindo anos” busca outras saídas participando no Concurso de Murgas, que este ano celebra a súa 26 edición, xunto coa súa murga PTV.

Manuel Cabada acompañado dos seus compañeiros de PTV estarán na Ferraría o venres, 24 de febreiro para dar o pregón de inicio do carnaval. Promete ser divertido e animado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar