Obras de mellora na Casa Consistorial de Oimbra

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar visitou esta, xunto  ao conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey e a alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, a Casa Consistorial de Oímbra, na que se levaron a cabo obras de mellora e ampliación, nas que a Deputación investiu máis de 125.000 euros.

Durante a visita, o presidente da Deputación de Ourense destacou o papel que exerce o goberno provincial como concello dos concellos “cooperando cos municipios da provincia e, por extensión, cos cidadáns, neste caso, axudando a mellorar as instalacións da Casa do Concello de Oímbra para seguir incrementando a calidade dos servizos que se prestan aos veciños do municipio”, afirmou Manuel Baltar, quen destacou a colaboración co Concello de Oímbra “para favorecer a accesibilidade e comodidade dos cidadáns á hora de realizar seus trámites municipais, e para ter unha maior funcionalidade na xestión e instalacións da casa de todos os veciños, que é o consistorio”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar