Edugal, o escaparate da oferta educativa, chega a Pontevedra

O Recinto Feiral da Xunqueira acollerá, do 15 ao 17 de febreiro, unha nova edición do Salón Edugal, e xa vai pola sexta. O Salón da Oferta Educativa e de Formación de Galicia, Edugal é un punto de encontro para que estudantes, docentes, orientadores, nais e pais, responsábeis de centros educativos e profesionais da educación compartan información e experiencias no eido da formación.

O obxectivo último do Edugal é amosar as posibilidades e abrir portas de futuro a todos os mozos e mozas que están na procura dunha orientación formativa e profesional.

O VI Salón Edugal está organizado pola Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa (Aempe) de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, a través da Concellería de Promoción da Cidade. Os seus máximos responsábeis, José María Corujo e Anabel Gulías presentaron hoxe a cita educativa que inclúe -ademais da parte expositiva e informativa- xornadas técnicas, obradoiros e aulas abertas e tamén actividades máis lúdicas.

“Hai feiras e actividades que teñen relevancia por si soas e Edugal é unha delas” subliñou a concelleira de Promoción Económica e da Cidade xa que reúne nun mesmo espazo un amplo abano de propostas educativas e formativas “adaptadas á realidade laboral, que se desenvolve nun contexto moi variable, con novos retos e a formación ten que estar a altura das circunstancias”.

“O papel do Concello sempre vai a ser apoiar r este tipo de actuacións por unha cuestión básica porque cando falamos de relación entre mundo laboral e formación podemos falar de declaracións de principios ou apostar pola acción, por salóns deste tipo” engadiu Anabel Gulías.

Pola súa banda o presidente de Aempe, José María Corujo, explicou a aposta por Edugal: ”pretendemos poscionarnos o salón educativo de referencia en Galicia, tratando de dar resposta as necesidades de información sobre a oferta formativa e orientación educativa de estudantes, centros, profesionais da educación e familias”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar