TVG: En “O final do camiño”, Constanza busca unha garda para a sua filla Urraca


En “O final do camiño”, a raíña Constanza, empeñada en que Urraca sexa rexente, proponlle un trato a dous reos polo que lles promete a liberdade a cambio de que protexan a súa filla Urraca e o seu prometido daqueles que intentan impedir o seu matrimonio. Pouco despois de anunciarse o compromiso, un grupo de nobres casteláns, que se fan chamar conxurados de San Xoán, matan un cabaleiro francés próximo a Raimundo e ameazan a súa vida. A misión destes dous novos gardas será desenmascarar aos conxurados e protexer os futuros condes de Galicia.

Unha das primeiras obrigas de Raimundo como conde é a de nomear un novo administrador da cidade de Compostela, e o elixido será Diego Xelmírez. Este viaxa á cidade co propósito de renovar as obras da catedral de Santiago, obxectivo ao que se lle opón abertamente Odamiro, por considerar os deseños de Estevo blasfemos. Tomás tamén se opón, xa que non está disposto a investir nun negocio sen rendementos.

Con todo, Xelmírez atopa en Compostela o home idóneo para axudarlle co seu propósito, Pedro de Catoira, un mozo honrado a ollos dos composteláns malia o seu pasado e algo máis ca iso para o relixioso, que vén de Toledo e ten información sobre seu irmán Gonzalo.

MELLOR XUNTOS

O programa “Mellor Xuntos”, co que a Televisión de Galicia mostra o seu compromiso coa innovación empresarial e as cooperativas, comeza a súa andaina na entrega de hoxe en terras lucenses, en Lourenzá, onde falarán con José Cuadrado e outros produtores de fabas que xuntos cultivan as fabas con máis sona de Galicia. Despois, os reporteiros do programa achegaranse ata Bergondo, onde Juan Delgado e un grupo de traballadores fabrican mobles de cociña galegos. Máis tarde, o equipo desprazarase ata Vigo, onde coñecerá, da man de Montse Juncal, un mercado diferente que se caracteriza pola alta calidade dos seus produtos. Para rematar, visitarán a Fran Brea na Coruña e aos seus socios da cooperativa CEM, que traballa para protexer a natureza e o medio.

A REVISTA

O programa da Televisión de Galicia “A Revista” estará hoxe en directo no concello de Ponteceso, onde máis de un cento de nenos e nenas da localidade e de Arteixo cantarán diante da casa natal de Eduardo Pondal para conmemorar os cen anos do seu falecemento. Ademais, os reporteiros viaxarán ao Pazo de Oca para ver a floración das camelias no coñecido como Versalles galego. Este xardín conta cunhas 600 variedades desta especie que comeza a botar flor a comezos de ano e acada o seu máximo esplendor en marzo. O primeiro exemplar de camelia data do século XVIII e a súa floración convértese cada ano nun dos principais atractivos turísticos do concello da Estrada.

A presentadora Laura Peña entrevistará a Francisca Fariña, coordinadora do Servizo de Mediación Familiar Extraxudicial, que falará deste programa cuxa finalidade é fundamentalmente apoiar as familias en procesos de separación e divorcios. Coma cada mércores, no estudio tamén estará a colaboradora Teresa Abalde que informará da crónica social de actualidade.

tvG2

ÁLVARO CUNQUEIRO

A tvG2 continúa co ciclo sobre autores galegos nunha noite dedicada a profundar na obra de Álvaro Cunqueiro. O documental “O señor das palabras” e a serie baseada no seu libro de relatos “Os outros feirantes” achegarán aos espectadores da canle pública o legado do escritor mindoniense.

Baseado nunha das súas últimas entrevistas, realizada no ano 80, o monográfico “O señor das palabras” fai un percorrido pola súa vida, en diálogo co tempo histórico no que viviu, e pola súa prolífica obra, caracterizada por un xeito particular de narrar e habitada por un universo de personaxes a medio camiño entre o real e o imaxinario, que o sitúan na contorna do realismo máxico. A novela “Merlín e Familia”, en que conviven as lendas e relatos orais da cultura celta coas vivencias da infancia e xuventude en Riotorto e Mondoñedo, dan mostran da singularidade da obra de Cunqueiro, figura clave na literatura do século XX.

Tras o documental, o programa “No bico un cantar” achegará aos espectadores varias das versións musicais do poema “Quen poidera namorala”, publicado en “Cantiga nova que se chama Riveira”, poemario co que o autor contribuíu ás vangardas poéticas galegas do primeiro terzo do século pasado. Xusto despois, emitirase a curtametraxe de animación “Alistán, o demo oveiro” baseada nun dos seus relatos e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde.

ZIGZAG DIARIO

Este mércores, o “ZigZag Diario” dedica o seu espazo á música. No estudio de gravación, Pilar G. Rego entrevistará a Luis Emilio Batallán, o cantautor compostelá. O compositor presenta o seu novo disco, “70 y 29”, no que colaboran artistas recoñecidos como Joan Manuel Serrat, Joaquín Sabina e Pablo Milanés, entre outros. Tamén falarán co grupo vigués “Cró”, que presenta un novo disco chamado “Mounstros”. Este sábado tocarán en concerto en Ourense.

O programa terá un espazo para clásicos como John Mayall, cantante británico. O lendario home do blues dará dous concertos a vindeira semana en Galicia. Ademais, no estudio de gravación escoitarán ao novo grupo Primordias, unha banda formada por un vocalista e un arpista que interpretan música popular recollida en Soutomaior, no sur de Galicia.

Data de emisión: Mércores, 08.02.2017

Cinema de Noite (00.15 h)

O ÚLTIMO SAMURAI”

(“The last samurai”)

Director: Edward Zwick

Reparto: Tom Cruise, Timothy Spall, Ken Watanabe, Billy Connnolly, Tony Goldwyn, Hiroyuki Sanada, Koyuki, Shichinosuke Nakamura

EUA, 2000, 138’, Aventuras (12)

**SINOPSE**

O capitán Nathan Algren é un home á deriva. As batallas que librou noutro tempo parecen agora afastadas e inútiles. Unha vez arriscou a súa vida pola honra e pola patria. Pero no tempo transcorrido desde a Guerra de Secesión norteamericana as cousas mudaron, o mundo cambiou. O valor é agora substituído polo pragmatismo, o interese persoal ocupa agora o lugar do sacrificio e a honra desapareceu. Noutro mundo completamente diferente, outro soldado ve como o seu modo de vida está a piques de se desintegrar. É Katsumoto, o derradeiro líder dunha estirpe de guerreiros, os venerados samurais, que dedicaron a súa vida a servir ao emperador e ao seu país. Os camiños destes dous homes xúntanse cando o mozo emperador do Xapón, premido polos intereses norteamericanos, que cobizan o emerxente mercado xaponés, contratará a Algren para preparar o primeiro exército de recrutas moderno do Xapón.

**COMENTARIO**

“O último samurai” é unha mestura notable da cinematografía oriental e occidental, tomando de cada unha delas as súas mellores calidades. Trátase dunha historia en que predomina o intimismo e a emotividade e constitúe unha mostra excelente de como pode cambiar o carácter dun home amargado polas miserias da guerra. Todo isto apréciase a través dun conxunto técnico preciosista, destacando o deseño artístico e a ambientación, a fotografía e unha espléndida utilización das masas. Edward Zwick consegue abraiar en máis dunha ocasión o espectador, axudado por unha banda sonora excepcional, a cargo de Hans Zimmer, que acompaña poderosamente os momentos máis épicos da película.

MINUTADO do 08/02/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “Faladoiro” no que participarán os xornalistas Luis Pérez, Luis Villamor e María Méndez.

10:35

A COCIÑA DE ANDRÉ “Xurelos con salsa de lima e alcaparras”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05

O FARO Cap. 99

Serie. Carolina vai conseguir por fin librarse de Andrea. Erea consegue saír coa súa con Ricardo pero o seu pai, Miguel, vaille recriminar máis duramente que nunca os seus métodos. Neste capítulo haberá un salto temporal de 3 meses no que quedarán moitas incógnitas no aire.

11:55

MELLOR XUNTOS

Programa con vocación de servizo público dedicado a dar a coñecer as historias de distintas cooperativas galegas.

12:30

A REVISTA

Presenta Laura Peña. Inclúe “Adiantos Informativos” e “O Agro”, presentados por Irene Lamas.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35

O TEMPO

Información meteorolóxica e prognóstico do tempo

15:50

FONTEALBA Cap. 98

Serie que narra os conflitos da adiñeirada familia Douro. Neste capítulo, o ambiente entre Roberto e Aurora está máis caldeado que nunca e parece que non se vai resolver xamais. En Hortoudouro, Gonzalo Vilar, comproba en segredo as contas de Aurora e comeza a facer os seus propios plans. Luís segue ultimando a súa “resurrección” con Xaquín paso a paso, atando os cabos. Nina, moi agoniada por todo o que a rodea, recibe unha nova de Gonzalo sobre Aurora e as súas intencións.

16:40

PADRE CASARES Cap. 109 “Luns de Entroido”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.

17:45

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:45

REPORTAXES ACTUALIZADOS “Atento ás envaradas”

18:55

ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

20:25

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

20:30

GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Hermida.

21:55

O TEMPO

22:05

REPORTAXES ACTUALIZADOS “As vacas non entenden mal o tempo”- “Ao frío da obra”- “O bruxo de Foz”

22:40

AVANCE SERIES O FINAL DO CAMIÑO

22:45

O FINAL DO CAMIÑO Cap 5.

Serie. Neste capítulo, a raíña Constanza, empeñada en que Urraca sexa rexente, proponlle un trato a dous reos polo que lles promete a liberdade coa condición de que protexan á súa filla Urraca e ao seu prometido daqueles que intentan impedir o seu matrimonio. Pouco despois de anunciarse o compromiso, un grupo de nobres casteláns, que se fan chamar conxurados de San Xoán, matan a un cabaleiro francés próximo a Raimundo e ameazan a súa vida. A misión destes dous novos gardas será desenmascarar aos conxurados e protexer os futuros condes de Galicia.

00:00

CINEMA DE NOITE : “O último samurai”

Director: Edward Zwick. Reparto: Tom Cruise, Timothy Spall, Ken Watanabe, Billy

Connnolly, Tony Goldwyn, Hiroyuki Sanada, Koyuki, Shichinosuke Nakamura.

EUA, 2000, 138’, Aventuras (12).

O capitán Nathan Algren é un home á deriva. As batallas que librou noutro tempo parecen agora afastadas e inútiles. Unha vez arriscou a súa vida pola honra e pola patria. Pero no tempo transcorrido desde a Guerra de Secesión norteamericana as cousas mudaron, o mundo cambiou. O valor é agora substituído polo pragmatismo, o interese persoal ocupa agora o lugar do sacrificio e a honra desapareceu. Noutro mundo completamente diferente, outro soldado ve como o seu modo de vida está a piques de se desintegrar. É Katsumoto, o derradeiro líder dunha estirpe de guerreiros, os venerados samurais, que dedicaron a súa vida a servir ao emperador e ao seu país. Os camiños destes dous homes xúntanse cando o mozo emperador do Xapón, premido polos intereses norteamericanos, que cobizan o emerxente mercado xaponés, contratará a Algren para preparar o primeiro exército de recrutas moderno do Xapón.

02:25

FONTEALBA Cap. 98 (Rep.)

03:15

TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

03:25

O FINAL DO CAMIÑO Cap 5. (Rep.)

04:40

SONS NA NOITE

05:00

A REVISTA (Rep.)

06:10

NOITE DE JAZZ

06:30

ÁREA PÚBLICA (Rep.)

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar