Cincoenta estudantes europeos coñecen Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, e a Vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva, participaron  na recepción ao alumnado internacional que está a cursar os seus estudos no campus lucense.

O encontro, denominado Welcome Day, reuniu a 50 estudantes procedentes de diferentes países de Europa e de América Latina, que se incorporaron durante este cuadrimestre ao Campus Terra da USC. Tras o acto na Casa do Saber, o estudantes foron conducidos ao Concello e logo á Deputación Provincial, onde puideron coñecer de primeira man as dependencias institucionais e a labor que desempeñan.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar