O actor Javier Rey estará hoxe no “Land Rober Tunai Show”

 Hoxe, xoves, visita “Land Rober Tunai Show” un dos actores máis populares da ficción actual, Javier Rey, que encarna a Pedro de Catoira na serie “O final do camiño” que emite os mércores a Televisión de Galicia. O actor noiés, que saltou á fama pola serie Velvet, é unha das caras máis atractivas da televisión, e Roberto Vilar tratará de sacarlle xugo a esa faceta poñendo a proba a súa fama de irresistible conquistador a partir das 22.00 h.

A presentadora de “Sopa de Festa”, Paula Señarís, tamén pasará polo programa para xogar ao Quen vés sendo? e amosar as súas dotes de actriz nun dos sketches que, coma cada semana, arrancará as gargalladas dos espectadores. Ademais, volve o man a man entre Roberto Vilar e Xosé Antonio Touriñán no programa de radio televisado máis aclamado do país, “Radio Rober”. Terán que compartir micrófono co líder de Heredeiros da Cruz, Javi Maneiro. Eva Iglesias completará o trío para provocar risas a esgalla.

A REVISTA

A Revista” asiste hoxe en directo na Coruña a un taller para directivos de empresas en que estes profesionais aprenderán a abordar retos, implementar estratexias ou visibilizar a súa idea de liderado traballando con figuras de Lego. Trátase dunha nova forma de consultoría que quere axudar as empresas a afrontar a transformación dixital e mellorar o traballo dos seus equipos e departamentos de Informática. Ademais, coincidindo co comezo da época do cocido, o programa desprazarase ata Valga para probar o afamado lacón da localidade pontevedresa.

No estudio, Laura Peña recibirá a Frankie Gómez, un dos fundadores do Lacon Network, un evento mensual para emprendedores que se dedican ao ámbito das tecnoloxías da información e que, tras máis de catro anos, é xa unha cita de networking de referencia. Tamén estarán no espazo matinal Marío García, Rubén Rodríguez e Adrián Torreira, compoñentes da banda de rock Tregua que, logo do éxito acadado co seu primeiro álbum de estudio “Luces y sombras”, presenta novo traballo. Ademais, Moncho Lemos falará dos filmes que optan este sábado semana a un premio Goya.

tvG2

ZIGZAG DIARIO

O “ZigZag Diario” ocúpase hoxe do festival de teatro, danza e artes escénica “Escenas do Cambio”, que na súa terceira edición volverá a Cidade da Cultura e no que se presentarán un total de 25 pezas de artistas e compañías de 10 países diferentes. O programa entrevistará a dúas artistas presentes no festival: Loreto Martínez Troncoso e Alejandra Pombo. Alejandra Pombo visitará o programa para presentar o seu último traballo “Adelante la selva”, que ela mesma define como unha experiencia cinemática. A compostelá móvese entre a performance, a poesía e a experimentación coa imaxe.

Pola súa banda, a viguesa Loreto Martínez Troncoso estrea o próximo domingo a súa peza “Entre [hu]ecos” da que falará para o espazo cultural da tvG2. Esta artista utiliza esencialmente a escritura e a palabra nos seus traballos, realizando performances, pezas sonoras, vídeos ou textos en formatos variados de presentación e comunicación.

MINUTADO do 02/02/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:35

A COCIÑA DE ANDRÉ : “Raviolis de cogomelos, cabaza e noces”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05

O FARO

Serie. Ricardo está decidido a sacar a Lucía do cárcere, mentres a Iolanda reconcómea o arrepentimento por non dicir a verdade. Pese á axuda de Carolina no cárcere, Lucía recibe un grave ataque, e Rosa continúa a súa ofensiva contra O Faro. Mentres, Santiago comeza a descubrir a verdade do seu pasado… a un alto prezo.

12:00

SOPA DE FESTA : “Festa do Berberecho de Foz”

Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade. Neste capítulo, “Sopa de Festa” achegará aos espectadores da Televisión de Galicia á Festa do Berberecho de Foz, ou do “chícaro”, que é como se coñece este saboroso molusco na Mariña lucense.

12:35

A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Laura Peña. Inclúe “Adiantos Informativos” e “O Agro”, presentados por Irene Lamas.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Informativo de proximidade. Presenta Ana Pérez.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35

O TEMPO

Información meteorolóxica e prognóstico do tempo

15:50

FONTEALBA Cap. 94

Serie que narra os conflitos da adiñeirada familia Douro. Neste capítulo, Amalia está moi desgustada porque Aurora lle contou a todos que Nina pode non ser filla de Luis, e teme pola súa reputación. Nina está disposta a facer una proba de ADN cos seus irmáns para saír de dúbidas. Gonzalo segue vendo problemas na planta envasadora, aínda que non o fala con Nina por medo a que prexudique a súa relación. Luis e Amalia finxen diante de Rubén para que deixe de sospeitar

16:35

PADRE CASARES Cap. 105: “Cousa de rombos”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.

17:40

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:45

ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

20:25

INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30

GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00

TELEXORNAL

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Hermida

21:50

O TEMPO

22:05

LAND ROBER TUNAI SHOW EXPRESS

22:15

LAND ROBER TUNAI SHOW

Programa presentado por Roberto Vilar, coa proposta de humor, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. Hoxe, os convidados son o actor Javier Rey, a presentadora Paula Señarís e o músico Javi Maneiro.

00:25

HINTERLAND

Serie de policías.

01:20

FOLGO E FEITURA : “De espazos, estilos e escaparates”

Serie de documentais centrados en procesos produtivos que se realizan en Galicia para xerar un milleiro de produtos. O programa coñecerá, deste xeito, como se fabrican ducias de artigos, desde bonecas e cosméticos ata copas e fouces.

01:50

ÚLTIMAS NOTICIAS

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

02:00

FONTEALBA (Rep.)

02:50

TI VERÁS (Rep.)

03:45

SOPA DE FESTA (Rep.)

04:15

REPORTAXES “VIVIR AQUÍ”: “Padel”

04:25

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

04:45

SONS NA NOITE

04:55

A REVISTA (Rep.)

06:00

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

06:20

ÁREA PÚBLICA (Rep.)

07:55

INFORMACION ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar