A serie “Aguasquentes” remata esta noite a sua primeira tempada

A divertida serie de comedia da Televisión de Galicia “Augasquentes” remata esta noite a súa primeira tempada. Neste último capítulo, haberá moitas sorpresas, xa que a vida dalgúns veciños está a piques de cambiar para sempre. Ana recibe unha chamada ofrecéndolle un posto na cidade e, pola súa banda, Ramiro cre que Plácida lle está sendo infiel. Por outro lado, Burato terá que vivir con Quique, e o avogado comeza a desconfiar da fidelidade da súa ex-parella. Ademais, a familia de Ana é secuestrada por Bolbo, un atracador de bancos moi perigoso a quen a xuíza condenou dúas veces.

 

 

LARPEIROS

O programa “Larpeiros” da Televisión de Galicia amosará como preparar un saboroso e sinxelo xantar para toda a familia. O cociñeiro convidado desta semana, Carlos Parra, elaborará unha receita de caracois de pasta mariñeiros con mexillóns, berberechos e ameixas. Adrián, o viaxeiro do equipo, achegarase ata Meis, en Pontevedra. Nesta localidade coñecerá a María José e Susana, que lle ensinarán a facer unhas pastas de té con viño albariño. Pero antes de pasar ao té, o equipo tomará de sobremesa un biscoito de cabaza e améndoas preparado por Merchi e Leni.

 

A REVISTA

Laura Peña, a presentadora da “Revista” entrevistará hoxe o presidente da Sociedade Galega de Cardioloxía, Carlos González Juanatey. O experto falará do colesterol e dos riscos de non controlalo, xa que Galicia é unha das comunidades con índices máis altos de colesterol na poboación.
Os reporteiros do programa achegaranse esta mañá á exposición “Reptigalia” na localidade pontevedresa de Tui. A mostra achégalles aos asistentes ducias de espécimes de anfibios, artrópodos e insectos de todo o mundo. Está enfocada á divulgación da riqueza natural do mundo, e nela poderanse ver tartarugas, escorpións e tarántulas.
Ademais, o equipo tamén visitará en directo un centro de Arzúa onde o profesorado está a implantar novas formas de aprendizaxe. Nestes últimos meses de curso, desenvolverán un proxecto colaborativo no que participarán alumnos de diferentes cursos e ciclos, dende infantil ata a ESO. No estudio estará tamén a rehabilitadora funcional Alba Cons para dar consellos á hora de facer exercicio. Tamén estará a experta en moda Edith López, que falará dos modelos que luciron as estrelas nos premios da crítica e da semana da alta costura de París.

 

ZIGZAG DIARIO

A presentadora do “ZigZag Diario”, Pilar G. Rego entrevistará no estudio ao fotógrafo Vicente Ansola, autor de “Aldeas sen voz”, un libro de fotografía, enriquecido con poesía e narrativa, no que conta a historia dun territorio do concello lucense da Pontenova que el denomina o “triángulo dos trasnos”. Esta obra é unha homenaxe ao “Rural Art”, segundo as palabras do propio Vicente Ansola.
No programa, falarase do traballo máis recente da pintora catalana Pepa Poch, que titula “Desde Nova York á Coruña”, e que acolle a Casa Museo Picasso. Realizado nos Estados unidos e traído agora a Galicia, este traballo pode verse ata o 7 de febreiro no museo coruñés.
Ademais, esta noite tamén haberá espazo para unha reportaxe sobre a primeira ruta literaria centrada nos textos de Valle-Inclán en Santiago. Esta iniciativa, que conta cuns 20 puntos en toda a cidade, engade Compostela á lista de localidades coma A Pobra, Vilanova de Arouse ou Madrid, ofrecen e promoven unha ruta dedicada á obra deste autor.

MINUTADO do 31/01/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “Faladoiro” coas economistas María Cadaval Sampedro e Emilia Vázquez Rozas.
10:40
A COCIÑA DE ANDRÉ “Solombo de polo ao marmelo”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.
11:05
O FARO Cap. 94

Serie. A nai de Erea critica o seu xeito de actuar con Ricardo. Carolina anima día a día a Lucía dentro do cárcere, mentres Fina trata de que Iolanda lle conte todo o que sabe sobre o accidente de Santiago. Rosa atopa un documento que lle ocultaba o seu irmán Santiago e que afecta a Lucía.
12:00
DESCUBRINDO AUGASQUENTES
12:15
REPORTAXES ACTUALIZADOS “A matanza do porco”

Serie de axustes extraidos do programa ACTUALIZAD@S.
12:30
A REVISTA

Presenta Laura Peña. Inclúe “Adiantos Informativos” e “O Agro”, presentados por Irene Lamas.
13:50
CADA DÍA UN LIBRO
13:55
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.
14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.
15:30
O TEMPO
15:45
FONTEALBA Cap. 92

Serie que narra os conflitos da adiñeirada familia Douro. A noticia de que Luis está no hospital por doar parte do seu fígado a Lola afecta moito a Amalia, e faina desconfiar o feito de que Lola llo ocultase ata agora. As cousas entre Aurora e Roberto ténsanse pola custodia de Mati. Ela insiste que a acepte para deixar de pasarlle a pensión a Lourdes, quen está desfeita pola situación. No hospital, o enfermeiro decátase de que o novo paciente é igualiño ao falecido Luís Douro.
16:35
PADRE CASARES Cap. 103: “De estrea”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar. As eternas obras da praza por fin remataron. O alcalde está emocionado coa que considera a grande obra do seu mandato, pero don Crisanto non tarda en lembrarlle a promesa que lle fixo no seu día: a praza debe levar o seu nome.
17:40
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
18:45
ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.
20:25
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR
20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.
21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Pérez.
21:50
O TEMPO
22:00
LARPEIROS “Todo tipo de pastas”

Combina gastronomía con humor e conversa. O programa “Larpeiros” da Televisión de Galicia amosará como preparar un saboroso e sinxelo xantar para toda a familia. O cociñeiro convidado desta semana, Carlos Parra, preparará unha receita de caracois de pasta mariñeiros con mexillóns, berberechos e ameixas. Adrián, o viaxeiro do equipo, achegarase ata Meis, en Pontevedra. Nesta localidade coñecerá a María José e Susana, que lle ensinarán a facer unhas pastas de té con viño albariño. Pero antes de pasar ao té, o equipo tomará de sobremesa un biscoito de cabaza e améndoas.
22:30
AUGASQUENTES Cap. 15

Comedia que ten como protagonista a xuíza Ana Ledo, quen, tras a morte da súa tía e despois de 20 anos, regresa á aldea que a viu medrar, onde terá que enfrontarse aos casos xudiciais máis tolos e afacerse ao ritmo e costumes dos veciños da vila.
A divertida serie de comedia da Televisión de Galicia “Augasquentes” remata esta noite a súa primeira tempada. Neste último capítulo, haberá moitas sorpresas e é que a vida dalgúns veciños está a piques de cambiar para sempre.

23:35
CATEDRAIS DE GALICIA
00:35
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.
00:50
FONTEALBA Cap. 92 (Rep.)
01:40
LARPEIROS “Todo tipo de pastas” (Rep.)
02:10
AUGAS QUENTES Cap. 15 (Rep.)
03:15
DESCUBRINDO AUGASQUENTES
03:30
DESENREDANDO A REDE Cap. 12: “O Invento”

Programa con vocación de servizo público que trata de romper as barreiras tecnolóxicas entre xeracións. Cada semana, falarán das últimas novidades tecnolóxicas que saíron á rúa en Galicia. Na entrega desta semana de “Desenredando a Rede”, un dos programas divulgativos que emite a Televisión de Galicia para presentar melloras,
iniciativas e problemáticas da sociedade, os expertos falarán dun tema que cada vez está máis presente na poboación, a adicción ás redes sociais.
4:00
NACER DE NOVO

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
04:15
NOITE DE JAZZ
04:35
A REVISTA (Rep.)
05:45
NOITE DE JAZZ
06:20
ÁREA PÚBLICA (Rep.)
07:55
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar