Vigo: «Música na escola»

Abel Caballero_actividade musical para escolares_26012017

O profesorado da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional ofreceu no Auditorio da Praza do Rei un concerto didáctico ante preto de 250 estudantes do IES Álvaro Cunqueiro, do IES San Tomé de Freixeiro, do IES Santa Irene e do CEIP Vicente Risco. Foi dirixido por Rodrigo Romaní a quen o rexedor cualificou como «un dos grandes músicos da historia de Galicia» cando saudou aos estudantes presentes.

O recital enmárcase no programa «Música na Escola» do que tamén forma parte a Escola Municipal de Música de Vigo e no que participarán 2.500 alumnos de 49 centros educativos da cidade, tanto concertados como públicos, de Infantil, Primaria e Secundaria.

Abel Caballero eloxiou este proxecto municipal que dixo ter «unha grande aceptación» e que permite aos nenos e nenas, mozas e mozos vigueses entrar en contacto coa música clásica e tradicional e co que o Concello quere crear «amor e afección pola música» para que saiban «escoitala e gozala».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar