Lugo, Monforte e Sarria demandan implicación da Xunta para impulsar o Porto Seco

Concellos de Lugo_Monforte e sarria_PROVISIONAL

Os Concellos de Lugo, Monforte e Sarria así como a Deputación e o Eixo Atlántico reclaman a implicación da Xunta de Galicia para impulsar o desenvolvemento do Porto Seco. Así o manifestaron os representantes destas administracións durante a presentación do Informe sobre a plataforma loxística, un documento  elaborado polos catedráticos Miguel Rodríguez Bugarín, Fernando González Laxe e a experta en Emprendedurismo, Carmen López Rodríguez.

Durante a presentación, Lara Méndez demandou vertebrar toda a provincia de Lugo por ese eixo interior, xa que con este informe constatase que o noroeste de España queda aillado. “Fan falla municipios conectados, para que Galicia, e toda a provincia de Lugo teña futuro, debemos ter conexións”, resumiu.

Pola súa banda José Tomé destacou que “non se trata dun estudio máis, neste caso o que facemos é establecer unha folla de ruta cos pasos concretos que debe dar a Xunta de Galicia para que o Porto Seco de Monforte sexa unha realidade”. Nese senso, o mandatario local afirmou que “é o Goberno galego ao que lle corresponde tomar a decisión de buscar un grupo operador loxístico que se faga cargo da xestión da plataforma”.

Mentres, o Secretario Xeral do Eixo Atlántico denunciou que “polo de agora non hai un deseño urbanístico de Porto Seco en Monforte”. Xoán Vázquez Mao defendeu que a Xunta debe apostar pola plataforma loxística da cidade do Cabe “debido á ubicación estratéxica de Monforte, pero para iso tamén  e modernizar a liña ferroviaria Monforte-Palencia. Iso será clave para impulsar o Porto Seco”.

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, que “as comunicacións ferroviarias de mercadorías na nosa provincia é un exemplo máis da clara discriminación que sofre Lugo a por parte da Xunta e do Goberno Central. É evidente, que a nosa provincia non está, en ningún caso, entres as prioridades dos Gobernos de Galicia e do Estado”.

Pola súa parte, o catedrático e autor do documento, Fernando González Laxe, explicou a necesidade de apostar pola vía férrea: “para un porto o ferrocarril é o seu osixeno e se non ten conexión ferroviaria afógase; e entón as mercadorías do porto irán cara a ese ferrocarril e logo máis tarde cara os grandes mercados. O noso estudio complementa esas dúas funcións: intermodadidade e loxística”.

Os Alcaldes, o Presidente da Deputación e o Secretario Xeral do Eixo Atlántico fixeron fincapé en que o obxectivo é amosar a preocupación das administracións máis relevantes da provincia para mellorar as infraestruturas galegas e dinamizar así a economía.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar